Home Pontevedra Baixo Miño O próximo mércores, San Mamede, festivo local en Oia

O próximo mércores, San Mamede, festivo local en Oia

- Anuncio -

O próximo mércores 7 de agosto, San Mamede, será festivo en Oia. Para este ano 2024 a Corporación Municipal acordou elixir como festivos locais este día e máis o pasado 20 de maio, día da Virxe do Mar.

Tradicionalmente véñense elixindo estas dúas festividades como días non laborables en Oia. No caso da Virxe do Mar (coñecida popularmente como “A Delamar”) non ten día fixo, senón que se celebra o luns seguinte á festa de Pentecostés (que, á súa vez, celébrase 50 días despois da Pascua). Así, neste 2024 coincidiu o luns 20 de maio.

Pola súa banda, a data do 7 de agosto escóllese tendo en conta que San Mamede é o patrón de dúas das seis parroquias do Municipio: a de Pedornes e máis a de Loureza.

En canto aos festivos locais para o próximo ano 2025, o pleno da Corporación Municipal de Oia acordou os días luns 9 de xuño e xoves 7 de agosto.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas