Home O Condado Mondariz O goberno de Mondariz lamenta o bloqueo da oposición no avance da...

O goberno de Mondariz lamenta o bloqueo da oposición no avance da vila

- Anuncio -

O goberno do Concello de Mondariz informa da alianza da oposición para bloquear o avance da vila e non aprobar os orzamentos do 2024 con partidas orzamentarias decisivas para reducir a débeda, pagar a proveedores locais e mellorar asistencia en servizos sociais e maiores.

O alcalde de Mondariz, Calis Montes, califica de “moi grave e irresponsable” a actitude dos grupos da oposición PP, BNG e PSOE ao negarse a escoitar as propostas do goberno e presentar enmendas conxuntas para bloquear calquera avance sumando sempre os seus votos para impedir calquera mellora. “Non están aquí para aportar nin contribuír a que Mondariz medre, o seu único obxectivo e complicar a xestión do noso grupo político. Un erro moi grave xa que están a paralizar completamente o día a día de Mondariz. Non pensan nas veciñas e veciños que sufren as consecuencias da súa estratexia política. Isto non é un xogo, co benestar da cidadania non se xoga”.

Esta mesma mañá os tres grupos da oposición en bloque deron ás costas a un orzamento que incluía partidas para pagar a débeda total do 2019 ao 2021 ás entidades menores gobernadas polo BNG e tamén unha partida para o programa de envellecemento activo fundamental para previr problemas de saúde e combater as consecuencias da soidade. Coa súa negativa tamén bloquearon a partida para limpezas subsidiarias de xestión de biomasa fundamental para evitar incendios e garantir a seguridade da veciñanza e o incremento en partidas como a de mantimento de saneamento, abastecemento e vehículos municipais, todos eles servizos básicos, “unha partida que levaba un incremento para poder pagar facturas a empresas locais que se encargan destas tarefas. Tamén votaron en contra da inclusión de Mondariz no servizo Xantar na Casa indispensable para os nosos maiores”.

Sinala o alcalde que con esta actitude o préstamo de pago a proveedores será de maior importe e convida á oposición a que presenten alcaldesa ou alcalde, “sabíamos cal era a situación económica do Concello pero chegamos aquí para traballar pola mellora da calidade de vida da cidadania e seguiremos xestionando e chamando a todas as portas para conseguir avances a pesar de que a oposición se una para imposibilitar, paralizar e intentar gobernar póndose de acordo para ir en contra de todo o que propón o goberno. Por ese motivo emprazo á oposición a porse de acordo para presentar xa candidata ou candidato porque se o seu problema somos nós, non queremos que a cidadania sufra as consecuencias desta parálise brutal”

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas