“Joaquina Rodríguez Vales, do barrio de Carmoniño en Maceira, cumpríu o 31 de xullo 100 anos na compaña da súa familia e hoxe quixo celebralo na compaña de amigos, veciños e na de todas as persoas que visitaron a Mostra de Produtos de Covelo. O alcalde, Pablo Castillo, no nome de toda a Corporación, regaloulle unha cesta de flores”.