Home Pontevedra A Paradanta A Deputación inicia esta semana os obradoiros do programa “+Xuntas” en Crecente,...

A Deputación inicia esta semana os obradoiros do programa “+Xuntas” en Crecente, Lalín e Ponteareas

- Anuncio -

“+Xuntas” é un programa provincial destinado a eliminar a discriminación entre mulleres e homes a través de actividades formativas que chegarán a entidades de 53 concellos

A Deputación de Pontevedra comeza esta semana as actividades formativas do programa “+Xuntas” nos concellos de Crecente, Lalín e Ponteareas. Mulleres de entidades sociais destas tres localidades iniciarán deste xeito as actividades formativas incluídas nunha iniciativa da Deputación que busca avanzar na eliminación das desigualdades entre mulleres e homes, un dos grandes compromisos e obxectivos transversais do goberno da institución provincial.

O luns 5 de agosto, as usuarias do Colexio da Nosa Señora de Fátima Escravas da Virxe Dolorosa, en Crecente, iniciarán neste centro un curso de pintura que se celebrará os luns e mércores ás 17:30 horas ata o 20 de novembro. Ademais, o xoves 8 de agosto as usuarias da asociación do Centro Cultural de Cillarga, en Ponteareas, comezarán no seu local unha acción formativa sobre arte floral, todos os xoves ás 18:30 horas ata o 4 de decembro. Por último esta semana, a Asociación de Mulleres en Igualdade de Moneixas, Lalín, formaranse en ioga todos os venres ata finais de ano ás 20:00 horas a partir do 9 de agosto no centro social da parroquia.

No marco do programa “+Xuntas” celebraranse 207 obradoiros para entidades de 53 concellos da provincia que traballan na promoción das mulleres, apoiando o seu desenvolvemento. O programa ten un orzamento de 325.000 euros e chegará a máis de 5.000 mulleres, xa que cada un dos cursos está dirixido a un máximo dunhas 20-25 persoas. Ás entidades ofrecéronselle 26 obradoiros encadrados en catro bloques temáticos relacionados coa tecnoloxía, a creatividade, o medio natural e a saúde.

Os obradoiros de “+Xuntas” chegarán a entidades dos concellos de Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, A Estrada, Fornelos de Montes, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Portas, Redondela, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vilaboa, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Relacionadas

A desestacionalización do turismo en Tui consolídase en 2024

0
En decembro máis de 1000 persoas pasaron pola Oficina Municipal de Tui Máis de mil persoas pasaron no mes de decembro pola Oficina Municipal de...

O Punto Limpo de Mos elaborará estructurante para compost que a veciñanza poderá adquirir...

0
A iniciativa forma parte dun proxecto de mellora das instalacións, que inclúe tamén outra innovadora proposta: un mini punto limpo móbil que percorrerá as...

Un Concerto de Nadal das tres corais de Marín para festexar o inicio de...

0
Será no Templo Vello o 3 de xaneiro ás 20.00 horas e contará cun amplo repertorio musical  O 3 de xaneiro a partir das 20.00...

O Porriño posta pola xestión ética das colonias felinas co seu primeiro protocolo de...

0
O Concello licitou por primeira vez o servizo de captura, esterilización e solta de gatos e a xestión das súas colonias felinas que inclúe...

A Xunta mellora o Centro Ocupacional e de día do concello de Valga cun...

0
As actuacións son o resultado dos convenios de colaboración asinados entra ambas administracións no 2024Ademais das obras realizadas, concedeuse unha achega para a compra...

BNG exixe explicacións a Transportes ante as incidencias ferroviarias de inicio de ano

0
Néstor Rego avanza o rexistro de iniciativas para coñecer a que se deberon as incidencias en época de alta mobilidade e que aconteceu cos...

Publicacións Relacionadas