Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López pacta co alcalde do Grove avanzar no proxecto de mellora...

Luis López pacta co alcalde do Grove avanzar no proxecto de mellora dos servizos e de mobilidade da estrada provincial de Subida a Meloxo

- Anuncio -

O presidente da Deputación mantén unha reunión de traballo co rexedor Jose Antonio Cacabelos na que analizaron asuntos de interese mutuo para ambas administracións

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, pacta co alcalde do Grove, Jose Antonio Cacabelos, o avance do proxecto conxunto de intervención na estrada provincial EP-9103 de subida a Meloxo para mellorar a mobilidade peonil e de vehículos, así como a mellora do sistema de abastecemento de auga nesta zona. Nun encontro institucional que tivo lugar no despacho do presidente do Pazo provincial, ambos os dous mandatarios analizaron a situación do proxecto, que se atopa en fase avanzada por parte da Deputación e no que o Concello debe encargarse agora da cesión necesaria de terreos para executar a obra. “Seguimos dando pasos para asinar ese convenio que nos permita solucionar os problemas da Subida a Meloxo, para que a veciñanza dispoña de mellores servizos”, afirmou Luis López despois do encontro.

A redacción do proxecto por parte da Deputación atópase xa finalizada. O seguinte paso será a posta a disposición dos terreos para poder levar a cabo a obra, unha tarefa que o Concello prevé poñer en marcha no vindeiro mes de setembro. Con esta intervención, na que se mellorará a seguridade viaria desta estrada provincial a través da mellora do firme e do trazado para promover a mobilidade peonil en condicións de seguridade, resolverase tamén os problemas de subministro de auga. “Desde a Deputación, nese proceso de escoita aos alcaldes, que son os que coñecen as verdadeiras necesidades dos concellos, vimos de analizar ao detalle todas as cuestións para que e mellora da Subida a Meloxo sexa unha realidade canto antes”, sinalou López.

A vontade de colaboración entre as dúas administracións está a resultar decisiva para avanzar na tramitación dunha obra tan necesaria como demandada polos veciños. “Estou agradecido ao presidente e á deputada de Infraestruturas pola boa sintonía que temos as dúas administracións para sacar adiante este proxecto. Foi unha reunión moi positiva, agora tócalle ao Concello facer os deberes e presentar as cesións dos veciños”, declarou o rexedor Cacabelos ao saír da reunión. “Esta reunión parte de conversas informais, onde se nos trasladou a importancia do arranxo da estrada de subida a Meloxo. Temos a vontade de colaboración e de facer cousas polo ben dos veciños do Grove e de toda a provincia”, engadiu López, quen agradeceu tamén a visita do alcalde.

A cooperación entre o Concello do Grove e a Deputación non se limita unicamente ao proxecto de mellora da Subida a Meloxo, a través de Plan +Provincia o organismo provincial aprobou xa a achega de máis de 900.000 euros para diferentes proxectos como a humanización da rúa Entrehortas, a impermeabilización do depósito de auga potable de Borreiros ou o acondicionamento do pavillón de Conmeniño, que xunto co financiamento do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, supón un investimento total de máis de 300.000 euros. Ademais, a través do PON2030 levarase a cabo a construción dunha instalación polideportiva en Bizocas.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas