Home A Coruña Belén do Campo supervisa o inicio das obras de mellora do firme...

Belén do Campo supervisa o inicio das obras de mellora do firme na estrada AC-550, ao seu paso polo concello de Outes

- Anuncio -

― O obxectivo é rehabilitar a capa de rodaxe desta estrada autonómica, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 60+200 e 68+000

― Para desenvolver estes traballos será necesario o corte de carril no punto no que se estea a intervir, dando tráfico alternativo polo outro carril

― Esta actuación forma parte do contrato de reforzo do firme en 7 vías autonómicas ao seu paso por 10 concellos da provincia da Coruña, cun investimento de 3,6 M€

― Nesta semana tamén comezaron as obras de mellora do pavimento na estrada AC-303, no seu transcurso por Ribeira

― O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade autonómica nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Mª Begoña Freire, supervisou esta mañá as obras de mellora do firme na estrada AC-550, ao seu paso polo concello de Outes. O obxectivo é rehabilitar a capa de rodaxe desta estrada autonómica, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 60+200 e 68+000, no municipio de Outes.

Para desenvolver estes traballos será necesario o corte de carril no punto no que se estea a intervir, dando tráfico alternativo polo outro carril.

As tarefas consistirán en realizar fresados localizados nos treitos de actuación e na reposición con mestura bituminosa en quente, segundo as necesidades concretas das vías obxecto destas intervencións.

As actuacións completaranse co pintado da sinalización horizontal dos treitos de actuación de todas as estradas e a reposición dos treitos de barreira de seguridade que sexa preciso.

As obras terán unha duración de sete días laborables.

Contrato máis amplo
Esta intervención forma parte forma parte do contrato de acondicionamento do firme en 7 estradas de titularidade autonómicas ao seu paso por 10 concellos da provincia da Coruña, cun investimento de máis de 3,6 M€.

De xeito máis concreto, este contrato, que conta cun prazo de execución de 6 meses, inclúe a rehabilitación da capa de rodaxe das estradas AC-300, AC-303, AC-406, AC-432, AC-546, AC-550 e AC-552, que discorren polos concellos da Baña, Brión, Negreira, Vimianzo, Padrón, Ribeira, Rois, Santa Comba, Val do Dubra e Outes

Neste sentido, cómpre lembrar que esta semana tamén comezaron as obras de mellora do pavimento na estrada AC-303, no seu transcurso por Ribeira.

O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade autonómica nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios.

Relacionadas

O bravú celebra os seus 30 anos mañá no Colón cun documental e un...

0
O Goberno de Inés Rey promove este evento no que se proxectará un documental e haberá unha actuación de Orquestra Bravú Xangai con moitas...

Unhas 900 persoas acudirán mañá á “XXXV Gala do Deporte de Narón” no Pazo...

0
O Pazo da Cultura de Narón acollerá mañá unha nova edición, a trixésimo quinta, da “Gala do Deporte de Narón”. A alcaldesa, Marián Ferreiro,...

O próximo luns ábrese o prazo de inscrición nesta iniciativa, froito da colaboración entre...

0
A Asociación micolóxica Viriato organiza a próxima semana, coa colaboración do Concello, as “IV Xornadas micolóxicas de Neda”. Trátase dunha actividade gratuíta de iniciación...

Neda desenvolverá a vindeira semana unha nova edición das súas Xornadas micolóxicas

0
O próximo luns ábrese o prazo de inscrición nesta iniciativa, froito da colaboración entre a Asociación Viriato e o Concello A Asociación micolóxica Viriato organiza...

Cariño conmemorará o 25N coa lectura dun manifesto, unha marcha e un taller formativo...

0
• O Concello participa este ano nunha campaña conxunta con Mañón, Cerdido e Ortigueira. O Concello de Cariño conmemorará o 25N, Día Internacional para a...

Veciñanza da Pobra elabora xabóns ao abeiro dos obradoiros de artesanía Feito coas túas...

0
O obradoiro de confección de xabóns impartido por Flow de Meiga marca o final do programa Feito coas túas mans, impulsado pola Concellaría da...

Publicacións Relacionadas