Home Ourense O alcalde dálles a benvida ás nenas e aos nenos saharauís que...

O alcalde dálles a benvida ás nenas e aos nenos saharauís que visitan este verán Ourense acollidos por familias da cidade co programa Vacacións en Paz

- Anuncio -

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no salón de plenos do Concello as nenas e os nenos saharauís que desfrutan dunha estadía de verán na cidade, acollidos por familias ourensás, no marco do programa Vacacións en Paz. O acto contou coa asistencia de representantes das familias de acollida dos nenos e da presidenta, Maite Isla, da asociación Solidariedade Galega co pobo saharauí (Sogaps), que é a entidade que organiza esta actividade, coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Ourense.

Son, en total, 28 nenos e nenas procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf (Alxeria), que estarán en Ourense até o día 4 de setembro. O alcalde deulles a benvida á cidade e desexoulles unha feliz estancia en Ourense, convidándoos a desfrutar dos seus atractivos, e moi especialmente a acudir ás piscinas de Oira e Monterrei. Tamén felicitou o excelente traballo que realiza a asociación que organiza este programa, e a implicación das familias ourensás que acollen a rapazada nos seus fogares, xa que contribúen a reforzar a “estreita ligazón que existe entre Ourense e o pobo saharauí tras tantos anos  con este programa. “Sodes parte da familia”, manifestou Pérez Jácome. 

O programa Vacacións en Paz leva 35 anos desenvolvéndose en Galicia, e 32 na cidade de Ourense.

Relacionadas

O Concello de Ourense externalizará a xestión e servizo do Complexo termal das Burgas...

0
O grupo de Goberno informou esta mañá nunha reunión de portavoces a externalización da xestión da xestión e servizo das Termas das Burgas coa...

A Deputación apoia a cuarta edición da proba ciclista O Gran Camiño, na que...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destacou na presentación oficial do evento a “gran oportunidade de difusión” para a provincia que ten a proba, que...

COGAMI impulsa a igualdade e o empoderamento de máis de 200 mulleres con discapacidade...

0
COGAMI desenvolveu ao longo de 2024 tres programas clave para promover a igualdade, o empoderamento e a inclusión social de máis de 200 mulleres...

A Deputación mobiliza maquinaria para traballos de prevención polas xeadas nas estradas provinciais en...

0
Trala previsión de baixas temperaturas na provincial, os equipos e maquinaria da Deputación de Ourense, destinados ao Plan de Vialidade Invernal, iniciaron esta mesma...

A Deputación mobiliza 683.000 euros en axudas para diversas actividades como o fomento de...

0
O goberno provincial sacou adiante a aprobación das bases reguladoras do concurso para a concesión de subvencións para o fomento do Termalismo Social nos...

Luis Menor destaca a “innovación” na prestación de servizos nas áreas industriais durante a...

0
O presidente da Deputación puxo en valor esta iniciativa, na que a institución provincial financiou o 40% do investimento, cualificándoa de “área pioneira” Menor reafirmou...

Publicacións Relacionadas