Home A Coruña As escolas de Arte e superiores de Deseño Pablo Picasso (A Coruña)...

As escolas de Arte e superiores de Deseño Pablo Picasso (A Coruña) e a Ramón Falcón (Lugo) impartirán catro ciclos plurilingües o vindeiro curso

- Anuncio -

Desenvolveranse en inglés os ciclos de grao medio en Serigrafía artística e de grao superior en Dourado, Prateado e Policromía, en Ilustración e en Fotografía

Renóvanse as seccións bilingües dos conservatorios profesionais de música da Coruña, Santiago e Vigo, do superior de Vigo e da Pablo Picasso

As escolas de Arte e superiores de Deseño Pablo Picasso (A Coruña) e a Ramón Falcón (Lugo) impartirán catro ciclos plurilingües o vindeiro curso. Así se desprende da a resolución do PluriArt publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, programa polo que a Xunta de Galicia implantou por primeira vez no curso 2022/23 o plurilingüismo nas ensinanzas artísticas profesionais de artes plásticas e deseño que se imparten nas escolas de arte e superiores de deseño de Galicia.

En concreto, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP autoriza a impartición na modalidade plurilingüe dos ciclos formativos de grao superior en Dourado, Prateado e Policromía e o de Ilustración, ambos da escola Pablo Picasso da Coruña. No caso da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo, serán plurilingües o ciclo de grao medio en Serigrafía artística e o de grao superior en Fotografía. Ata o momento todos os proxectos optaron polo inglés como lingua estranxeira para o seu desenvolvemento.

Prórroga de seccións bilingües

Doutra banda, o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a prórroga de seccións bilingües nas ensinanzas artísticas, co fin de seguir favorecendo a práctica de idiomas entre o alumnado. En concreto, desenvolveranse durante outros dous cursos as seccións en lingua inglesa nos conservatorios profesionais de música da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, así como a do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Tamén se prorroga por outro bienio a sección bilingüe de lingua alemá na Escola de Arte Superior de Deseño Pablo Picasso (A Coruña).

Esta liña de actuación enmárcase na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, Edulingüe 2030, que entre os seus obxectivos consolidar os programas de éxito de impulso do plurilingüismo e estendelos ás ensinanzas de réxime especial.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas