Home A Coruña A Xunta e o Concello de Frades estudan vías de colaboración para...

A Xunta e o Concello de Frades estudan vías de colaboración para ampliar a ETAP de Ponte Carreira

- Anuncio -

Alcalde e concelleiro de Medio Rural reuníronse coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Frades, Roberto Rey, mantiveron recentemente unha reunión na que acordaron buscar vías de colaboración para levar a cabo a ampliación da estación de tratamento de auga potable (ETAP), localizada no lugar de Ponte Carreira. Unha reunión na que tamén participou o concelleiro de Medio Rural de Frades, Manuel Ferreiro.

Cómpre indicar que Augas de Galicia xa avaliou un proxecto inicial presentado polo Concello, a quen se lle trasladaron algunhas modificacións que era necesario incluír. Segundo lle comunicou o alcalde á conselleira, estase a ultimar a proposta reformulada para poder acometer esta iniciativa prioritaria para o municipio.

Actuación

Esta actuación suporía incrementar a capacidade de tratamento e operatividade da ETAP nun 20% a través da substitución das bombas existentes na captación e en alta e a instalación dun novo decantador así como doutro filtro. Roberto Rey explica que “a necesidade de aumentar a capacidade de tratamento da ETAP é debida ao incremento do número de persoas aboadas a este servizo nos últimos anos, favorecido polas sucesivas ampliacións da rede de abastecemento que fomos executando en Frades nos últimos anos en colaboración coa Xunta de Galicia”.

Así mesmo, lembra que “a ETAP actual está ao límite da súa capacidade, polo que os filtros teñen que estar traballando as 24 horas do día para poder satisfacer a demanda existente no concello”. A actual planta potabilizadora capta un volume de auga diario de 404 m3, sendo a súa capacidade máxima de tratamento de 432 m3.

Pola súa banda, Ángeles Vázquez indicou que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á s súa veciñanza.

Área recreativa da presa

A maiores, a conselleira e o rexedor tamén abordaron na reunión a petición municipal para a cesión do encoro sobre o río Tambre na área recreativa da Presa (Gafoi), que se atopa actualmente en dominio público hidráulico. O Concello traballa na elaboración dun proxecto para poder achegar a maquinaria precisa para a reparación do encoro coa menor afección posible ao medio natural. Unha vez que a Consellería proceda ao seu arranxo da instalación, asinarase un convenio de colaboración para a súa cesión ao Concello.

Este cambio de titularidade facilitaría ao Concello de Frades a realización de traballos de mantemento e conservación da área recreativa da Presa, unha das zonas de ocio máis concorridas do municipio. Deste xeito, o Concello podería acometer a retirada das ramas e árbores caídas durante o inverno, como se realiza no resto das áreas recreativas do municipio, garantindo así que estea nas mellores condicións posibles durante todo o ano.

Relacionadas

Belén do Campo asiste ao ingreso de Rosa Cedrón na Real Academia de Belas...

0
Rosa Cedrón, nacida en Monforte de Lemos, é unha das artistas máis versátiles e influentes da música galega contemporánea A delegada da Xunta, Belén do...

O BNG anima a consumir no comercio local e promociona os produtos galegos

0
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) anima a consumir no comercio de proximidade, lanzando unha nova campaña baixo o lema “Mellor local, mellor galego”. Nesta...

Abre a tránsito peonil a meirande parte de San Andrés tras completar o Concello...

0
A alcaldesa, Inés Rey, comprobou hoxe o avance dos traballos, que culminaron esta semana coa instalación dos semáforos, marquesiñas e novo mobiliario e zonas...

O Grupo Municipal de Teatro de Ribeira interpretará a “Canción de Nadal” inspirada no...

0
Hoxe tivo lugar a presentación desta iniciativa do Grupo Municipal de Teatro que o seu director, Óscar Romero leva tempo pensando en levala á...

A Xunta pon en valor o evento ‘Da Néboa Experience’ para impulsar a visibilidade...

0
A xerente da Fundación Artesanía Galicia, Elena Fabeiro, asistiu á inauguración deste mercado de Nadal que se celebra ata mañá domingo na Coruña e...

A Xunta adxudica por 2,5 millóns de euros a execución das obras da plataforma...

0
Esta intervención singular, que a Xunta executa en colaboración coa Autoridade Portuaria da Coruña, permitirá habilitar unha zona de baño segura neste emblemático espazo...

Publicacións Relacionadas