Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación recibe este domingo 11 de agosto 140 cativos de 39...

A Deputación recibe este domingo 11 de agosto 140 cativos de 39 concellos da provincia nos campamentos da Lanzada

- Anuncio -

Durante seis días os pequenos desfrutarán nas instalacións do Grove dun amplo programa con actividades educativas, culturais, deportivas e formativas

Os campamentos da Lanzada da Deputación de Pontevedra reunirán na súa oitava quenda e a partir deste domingo, 11 de agosto, a 140 nenos e nenas de 39 concellos da provincia. Ao longo de seis días, ata o sábado 17 de agosto, os cativos poderán desfrutar do seu tempo de lecer a través de actividades de carácter educativo, cultural, deportivo e formativo. Neste verán e ata o 7 de setembro, serán en total 1.540 menores de 57 concellos da provincia os que participen nas once quendas en que se dividen os campamentos.

Os rapaces que chegarán esta semana ás instalacións que a Deputación ten no Grove (nados entre 2011 e 2016), proceden de Vigo (43), Pontevedra (15), Lalín (10), Barro (5), O Porriño (5), Cambados (4), O Grove  (4), Ponte Caldelas  (4), Ponteareas (4), Vilaboa (4), Oia (3), Baiona (2), Cangas (2), Cerdedo-Cotobade (2), Forcarei (2), Meaño (2), As Neves (2), Nigrán (2), Portas (2), Redondela (2), O Rosal (2), Vilagarcía de Arousa (2), Bueu (1), Campo Lameiro (1), Catoira (1), Covelo (1), A Estrada (1), Gondomar (1), A Guarda (1), A Lama (1), Marín (1), Meis (1), Poio (1), Pontecesures (1), Ribadumia (1), Salceda de Caselas (1), Sanxenxo (1), Tomiño (1) e Vilanova de Arousa (1).

Os nenos e nenas do campamento poderán desfrutar dun amplo programa de actividades de multiaventura e tempo libre, algunhas delas en lingua inglesa, entre as que se atopan xogos e deportes, actividades na praia, ao aire libre relacionadas co medio natural, artísticas e nocturnas, teatro e contacontos e baile e actividades culturais. Ademais, realizarán un obradoiro para elixir a mascota oficial deste programa provincial e visitarán a Illa de Ons e realizarán unha segunda excursión cultural, deportiva ou relacionada coa natureza e o coidado do medio ambiente.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas