Home Pontevedra O Salnés López Campos convida a gozas da Festa do Mexillón de Vilanova de...

López Campos convida a gozas da Festa do Mexillón de Vilanova de Arousa na apertura das degustacións

- Anuncio -
  • O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa na estrea da carpa coa que comeza unha celebración gastronómica que se estende ata o domingo
  • Destaca a “posta en valor dun sector, o do mar, clave na identidade de Galicia” e lembra que a zona ofrece tamén “numerosas actividades culturais”

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na apertura da carpa da XXX Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova de Arousa, unha cita que destacou como “unha posta en valor da nosa riqueza gastronómica e dun sector, o do mar, que é clave na cultura e identidade de Galicia”.

Deste xeito, o titular de Cultura do Goberno galego acompañou aos centos de persoas que se achegaron a degustar os moluscos na primeira xornada duns festexos que continuarán ata o vindeiro domingo, cando terá lugar o tradicional acto de entrega de insignias. Neste senso, lembrou que estes días son propicios para aproveitar “un verán cheo de propostas culturais por toda Galicia, no que ofrecemos actividades para todos os públicos tamén na zona de Arousa”, facendo referencia así á programación estival da Xunta, o CulturON.

López Campos felicitou aos responsables da organización pola trixésima edición dunha celebración con gran repercusión no calendario galego e que ofrece alternativas paralelas como concertos e unha feira de oportunidades coa participación de vinte comercios locais.

Relacionadas

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

Ángeles Vázquez avoga por promover a participación xuvenil na gobernanza das reservas de biosfera

0
Fai fincapé na necesidade de implicar á xuventude no desenvolvemento de iniciativas e actuacións que contribúan a garantir a conservación da biodiversidade A conselleira de...

A Xunta leva investidos nos últimos anos cas 190M€ no funcionamento, o equipamento e...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que a Xunta tamén mantén actualizados todos os protocolos e plans de actualización e organiza de...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción...

0
• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral • Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa...

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Publicacións Relacionadas