Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade A Xunta pon en valor o traballo dos centros de recuperación de...

A Xunta pon en valor o traballo dos centros de recuperación de fauna silvestre de Galicia para garantir a protección da biodiversidade

- Anuncio -

Marisol Díaz incide no papel fundamental que teñen estas instalacións no coidado e recuperación de animais que non están en condicións de subsistir por si sos no medio

A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, puxo en valor esta mañá o labor que se leva a cabo nos catro centros de recuperación de fauna silvestre (CRFS) que xestiona a Xunta en Galicia e agradeceu ao persoal técnico e veterinario que traballa neles a súa entrega e contribución á protección da biodiversidade galega.

Durante unha visita ao centro de Carballedo, localizado no municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, a responsable autonómica incidiu no papel fundamental que exercen estas instalacións para ofrecer un coidado axeitado e traballar na recuperación dos exemplares de fauna silvestre autóctona que non estean en condicións de subsistir por si mesmos no medio natural debido a causas tales como traumatismos, enfermidades, intoxicación, astenia ou caída dos niños, entre outras.

A maiores, Marisol Díaz explicou que o obxectivo final dos CRFS é buscar a reintegración destes animais no seu hábitat no momento en que haxa garantías de que se poidan alimentar, reproducir e evitar aos seus predadores, precisando que se isto non chega a ser posible, o obxectivo é lograr a súa inserción en programas de conservación ou de educación ambiental.

O centro de recuperación de fauna pontevedrés é un dos catro existentes en Galicia —un por provincia— que están baixo a xestión da Xunta. Así, ás instalacións de Carballedo súmanse as de Santa Cruz, no concello coruñés de Oleiros; as do Alto do Rodicio, no municipio ourensán de Maceda; e as do Veral, localizadas en Lugo.

Durante o ano 2023 os catro centros galegos recibiron e atenderon a un total de 4.830 animais, a maioría deles aves, aínda que tamén trataron un número importante de mamíferos e de réptiles.

Relacionadas

Belén do Campo asiste ao ingreso de Rosa Cedrón na Real Academia de Belas...

0
Rosa Cedrón, nacida en Monforte de Lemos, é unha das artistas máis versátiles e influentes da música galega contemporánea A delegada da Xunta, Belén do...

A Xunta pon en valor o evento ‘Da Néboa Experience’ para impulsar a visibilidade...

0
A xerente da Fundación Artesanía Galicia, Elena Fabeiro, asistiu á inauguración deste mercado de Nadal que se celebra ata mañá domingo na Coruña e...

A Xunta adxudica por 2,5 millóns de euros a execución das obras da plataforma...

0
Esta intervención singular, que a Xunta executa en colaboración coa Autoridade Portuaria da Coruña, permitirá habilitar unha zona de baño segura neste emblemático espazo...

Román Rodríguez clebra o recoñecemento nacional ao programa EduInspira, impulsado pola Xunta e a Cámara de Comercio...

0
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou a Cámara de Comercio da Coruña, onde o seu presidente, Antonio Couceiro, lle...

A Xunta pon en valor os máis de 800 proxectos de éxito apoiados ao...

0
O titular de Emprego salienta as oportunidades que ofrece o talento retornado para consolidar Galicia como un referente estatal e europeo no eido do...

A Xunta eleva ata máis de 10,5M€ as axudas a entidades sen ánimo de...

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde coa ampliación de orzamento desde os case 9,3 millóns de euros iniciais, que xa...

Publicacións Relacionadas