Home A Paradanta A Cañiza A Deputación leva este domingo á Cañiza unha actuación de Pelepau no...

A Deputación leva este domingo á Cañiza unha actuación de Pelepau no marco de “+Música”

- Anuncio -

O concerto financiado pola institución provincial comezará a partir das 23:30 horas na Rúa Praza Maior e consistirá na mestura da música clásica coa tradicional galega

A Deputación de Pontevedra financia a través do programa “+Música” a actuación musical de Pelepau que se celebrará este domingo 11 de agosto a partir das 23:30 horas na Rúa Praza Maior do Concello da Cañiza. Con esta iniciativa, a institución provincial pon á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un catálogo de artistas galegos e en galego co obxectivo de fomentar a nosa cultura e a nosa lingua, así como impulsar a reputación da provincia de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel.

Pelepau é unha formación nacida no ano 2010 co fin de adaptar temas de tradición galega para percusións e voces. Está composta por 11 percusionistas, todos eles mestres en escolas e agrupacións de música e danza tradicional galega de recoñecida traxectoria. Os instrumentos de percusión empregados polo grupo nos seus concertos son, na súa gran maioría, tradicionais, destacando os que antigamente eran utensilios do día a día como culleres, tixolas, botellas de anís ou morteiros. Teñen dous discos publicados, ‘Fío e Agulla’ e ‘Na beira’. O grupo levará á Cañiza o espectáculo “Pelepau Sinfónico”, no que mesturará a música clásica coa música tradicional galega.

O concerto de Pelepau é unha das 59 actuacións que se están a celebrar entre maio e setembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia no marco deste programa provincial: 5 en maio, 2 en xuño, 20 en xullo, 26 en agosto e 6 en setembro. “+Música” ten un orzamento de 600.000 euros, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos.

Relacionadas

A ANPA Cal do Vergazo, en colaboración co concello da Lama, celebra este domingo...

0
O alcalde David Carrera e membros desta asociación escolar presentaron a actividade que contará con 51 expositores, música e obradoiros participativos O alcalde da Lama,...

A Deputación leva este domingo a Soutomaior o circuíto +Escénicas con “O tranvía Leonardo”,...

0
O espectáculo para público infantil celebrarase ás 17:30 horas na Casa da Cultura +Escénicas é un novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros,...

O BNG emenda os orzamentos da Xunta para que Soutomaior conte canto antes co...

0
O BNG de Soutomaior vén de presentar as súas emendas aos Orzamentos da Xunta de 2025. O obxectivo destas emendas é que a Xunta...

A Deputación leva este domingo a Cerdedo-Cotobade a proxección de “A viaxe de Lucy”...

0
O documental poderá verse na Casa do Pobo de Corredoira ás 18:30 horas O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do...

400 escolares aprenden a alimentarse de maneira saudable

0
● O Concello do Porriño, coa colaboración do SERGAS, impulsa estes talleres de nutrición nos centros educativos O Concello do Porriño segue apostando pola promoción...

A Deputación leva este sábado ás Neves a proxección de “Os espazos en branco”...

0
O documental poderá verse no Auditorio municipal ás 20:00 horas O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do Audiovisual, chegará tamén...

Publicacións Relacionadas