Home A Coruña Un convenio entre COGAMI e a Consellería de Política Social e Igualdade...

Un convenio entre COGAMI e a Consellería de Política Social e Igualdade beneficia a máis de trinta mil persoas

- Anuncio -

Un convenio asinado pola Consellería de Política Social e Igualdade e COGAMI colabora no desenvolvemento de programas de atención a persoas con discapacidade e familias, ademais de prestar apoio ao mantemento da propia Confederación como das súas 58 entidades membro.

Cunha financiación que ascende a 993.312,00 €, a través deste programa denominado APDF, desenvólvense servizos que contribúen a mellorar a calidade de vida e autonomía de preto de 30.000 persoas con discapacidade e familias. Un destes servizos é o de información, asesoramento e orientación que ofrece información sobre temas de interese para o colectivo como son a accesibilidade, produtos de apoio, prestacións e axudas económicas, educación, lexislación e formación, entre outras.

Este convenio tamén contempla a promoción da autonomía persoal orientada á prevención da dependencia a través do fomento da saúde coa práctica de exercicios terapéuticos e rehabilitadores como a ximnasia, natación e fisioterapia. No que respecta á intervención social, hai unha especial incidencia na muller con discapacidade embarazada e lactante e nas persoas con grande discapacidade.

A través do convenio APDF tamén se potencia a formación e intermediación laboral para mellorar a cualificación profesional e académica, contemplando a realización de cursos de formación básica e obradoiros que se combinarán con accións encamiñadas a potenciar o acceso ao mercado laboral.

É importante sensibilizar e concienciar sobre a discapacidade, tanto ás persoas que a teñen como ás súas familias e ao resto da sociedade. Neste convenio inclúense charlas de prevención de lesión medular, xornadas de sensibilización e concienciación coa discapacidade, así como aspectos psicosociais da discapacidade.

O fomento do voluntariado, a programación e desenvolvemento de actividades de lecer para fomentar a participación social das persoas con discapacidade e tamén para apoiar o movemento asociativo para que poidan levar adiante os seus fins, son outros dos programas que se financian a través deste convenio.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas