Home Pontevedra A Paradanta Volve a exitosa Festa do Colesterol por un día a Maceira, Covelo

Volve a exitosa Festa do Colesterol por un día a Maceira, Covelo

- Anuncio -


O vindeiro sábado día 17 xantar por oito euros, música en directo, artesanía e inchables gratuitos para as e os máis pequenos  

O día 14 e 15 festas na honra da Virxe da Guía con verbena, xogos infantís e romaría no alto da Guía

A parroquia de Maceira, no Concello de Covelo acollerá a segunda edición da “Festa do Colesterol por un día” enmarcada este ano nas festas patronais na honra da Virxe da Guía. Tras o éxito da primeira edición a Asociación Virxe da Guía de Maceira convida a participarneste xantar popular que rende homenaxe aos ovos con patacas fritas e chourizo.

O vindeiro 17 de agosto a praza de Maceira encherase novamente de veciñanza de toda a área metropolitana disposta a xantar, bailar e concursar no II Concurso de Empanada de Mazá que terá lugar a partir das 12:30 horas con premios de ata 75€. As persoas que desexen participar deberán inscribirse no número de teléfono 626 986 510.

A partir das 14:00 horas comezarase a servir este rico e familiar manxar que por oito euros inclúe un chourizo, dous ovos, patacas, pan e postre. Para as e os máis pequenos o menú terá un prezo de catro euros e inclúe patacas, dous ovos e chourizo. Para acompañar o xantar haberá servizo de bar con prezos económicos segundo adianta a organización quen agradece o apoio do Concello de Covelo e da Deputación de Pontevedra a través do programa Culturea.

A charanga Los Encerellados e Los Lunes al Sol porán ritmo a esta xornada festiva na que non faltarán os inchables gratuitos para as nenas e os nenos durante toda a festa gastronómica. Tamén haberá postos de artesanía e produtos de proximidade.

Pero antes, o 14 de agosto a parroquia celebrará as Festas na honra da Virxe da Guía con misa, os poxos tradicionais e ofrendas ás 12:30 horas. Ás 19:30 xogos infantís e ás 22:30 horas verbena co grupo Pentágono e DJ Mesu. O xoves día 15 a misa será ás 10:00 horas para logo saír en procesión ata a capela da Guía onde se celebrará a misa ás 11:15 e ás 12:15 horas para logo desfrutar da tradicional romaría. No alto da Guía non faltarán os postos de comida, pulpeiro e música co grupo de gaitas Tía Isolina.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas