Home A Coruña O Concello de Fene convértese esta semana na capital da arte urbana...

O Concello de Fene convértese esta semana na capital da arte urbana coa celebración do Perla Mural Fest

- Anuncio -

O evento contará con recoñecidos muralistas internacionais, e completa a súa oferta cultural con concertos, sesións vermú en un Gran Mercado Hippie

Ángeles Coira, concelleira de promoción económica e turismo, destacou o impacto positivo do Festival para a proxección cultural e turística do concello

O Concello de Fene está a celebrar esta semana a segunda edición do Perla Mural Fest, un festival de arte urbana que está a transformar o concello nun auténtico museo ao aire libre. Esta nova edición contará coa participación de destacados muralistas internacionais, como o madrileño Sfhir, a napolitana Leticia Mandragora e o chileno Cristóbal Persona. Cabe lembrar que o mural da violonchelista que Sfhir pintou en Fene na pasada edición foi recoñecido como o Mellor Mural do Mundo, un fito que reforza a importancia deste evento no panorama artístico global.

A programación do Perla Mural Fest incluirá unha ampla oferta cultural, que terá lugar na pista do CCRD Perlío, con concertos que se celebrarán ao longo do venres e o sábado. Entre os artistas convidados o venres estarán Virginia Red (21.30h), Ricky Hombre Libre (22.45h), Manoulious Dop (00.00h), Recambios Tucho (01.30h) e DJR4tibrón (03.00h). O sábado será a quenda de Tonhito de Poi (21.30h), Rubén Pozo (23.15h), Biela (00.45h), Galician Army (02.00h), pechando de novo DJR4tibrón (03.30h).

O festival tamén ofrecerá sesións vermú durante a fin de semana, con actuacións de Los Hombres de Diego (12.30h) e Badulaque (14.00h) o sábado, e Sintrom (13.30h) o domingo.

Gran Mercado Hippie

Paralelamente ao Perla Mural Fest celebrarase o Gran Mercado Hippie, que contará con máis de sesenta postos de temática hippie e aportará un ambiente único ao evento. O público poderá gozar de animación itinerante, xogos de malabares, efectos de maxia, accións de clown, e unha zona infantil con minixogos, ademais de caricaturas e atraccións ecolóxicas como un carrusel e unha noria.

Colaboración do Concello de Fene

O Concello de Fene colabora estreitamente coa organización do Perla Mural Fest, co obxectivo de seguir impulsando a proxección cultural e turística do municipio. A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Ángeles Coira, supervisou esta tarde os preparativos para o festival, sinalando a importancia deste tipo de iniciativas para dinamizar a economía local e promover o turismo.

“O Perla Mural Fest sitúa a Fene no mapa dos grandes eventos culturais, atraendo visitantes e artistas de todo o mundo. Este festival é unha mostra do noso compromiso co fomento da cultura e a creatividade, elementos clave para o desenvolvemento económico e social do noso concello”, afirmou a concelleira. “A segunda edición do Perla Mural Fest promete ser un éxito rotundo, consolidándose como unha cita imprescindible para os amantes da arte urbana e a música en directo”, concluíu Coira.

Desde o Concello de Fene destacouse tamén a colaboración do persoal da área de Servizos, cuxo esforzo e dedicación serán fundamentais esta fin de semana, dado que coinciden varios eventos importantes no concello, como a Festa da Orella e o propio Perla Mural Fest. “O traballo do persoal de servizos garante que tanto a veciñanza como as visitantes poidan gozar de todas as actividades previstas en condicións ópticas”, destacou a responsábel da área, Sandra Permuy, quen agradeceu de maneira especial o seu compromiso e profesionalidade.

Relacionadas

San Sadurniño adxudica en 85.789 euros as obras de ancheado e aglomerado da pista...

0
A estrada é o principal enlace da zona urbana co campo de fútbol e a piscina municipal O Concello de San Sadurniño asinou recentemente o...

Belén do Campo destaca o investimento de 319.500€ na mellora de infraestructuras rurais de...

0
 A delegada da Xunta avaliou cos alcalde esas aportacións que servirán tanto para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas como...

Ponteceso dedicará todo o POS Adicional 2025 a financiar o Servizo de Axuda no...

0
 A iniciativa foi apoiada por todos os grupos que forman a corporación municipal a excepción de APIN, que optou pola abstención sen argumentar...

Os veciños de Bergondo xa contan co calendario “Bergondo en Feminino”, que homenaxea a...

0
· A iniciativa combina fotografías, biografías e ilustracións de lugares emblemáticos asociados ás homenaxeadas. O Concello de Bergondo anuncia que o calendario "Bergondo en Feminino"...

Cámara de Comercio de Santiago e ABANCA renovan o seu convenio para dinamizar e...

0
A Cámara de Comercio de Santiago e ABANCA asinaron a renovación anual do seu convenio de colaboración co obxectivo de impulsar a actividade empresarial...

Incendiados catro colectores en Aguiño, no concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados esta noite dun incendio que afectaba a varios colectores en Aguiño, no concello de Ribeira. Víronse...

Publicacións Relacionadas