Home A Coruña O Concello de Cerdido recorrerá a resolución da aprobación administrativa dos proxectos...

O Concello de Cerdido recorrerá a resolución da aprobación administrativa dos proxectos dos parques eólicos de Badulaque e Barqueiro

- Anuncio -

 O BOE publicaba o pasado sábado o ditame da dirección da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas pola que lle outorga autorización para a modificación dos proxectos e as súas infraestruturas de evacuación

 Desde o executivo lamentan esta decisión e presentarán o recurso de alzada preciso para tentar revocar esa decisión

O Concello de Cerdido anuncia que recorrerá as resolucións da aprobación administrativa das modificacións dos proxectos dos parques eólicos do Badulaque e Barqueiro publicadas esta semana.
O pasado sábado, 10 de agosto, o Boletín Oficial do Estado anunciaba estas resolucións, polas que a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas lle outorgaba á empresa Enel Green Power as autorizacións para as modificacións dos proxectos dos parques eólicos e as súas infraestruturas de evacuación, que afectan directamente ao termo municipal cerdidense.
Por un lado, o parque do Badulaque contaría con 16 aeroxeneradores de 6,4 MW e nove liñas subterráneas, que conectarían o parque coa subestación, que tamén estaría localizada no termo municipal de Cerdido.

Pola súa banda, o parque do Barqueiro contaría con 18 aeroxeneradores e outras nove liñas subterráneas que os unirían coa subestación, que neste caso estaría situada no Concello de Ortigueira.
O prazo para presentar o recurso de alzada contra esta resolución remata o vindeiro 10 de setembro, pero segundo indican desde o Concello de Cerdido “realizaremos os trámites para presentar as alegacións o antes posible, conscientes da importancia que ten o avance deste proxecto para a nosa veciñanza”.

En palabras do alcalde de Cerdido, Alberto Rey, “poremos todo da nosa parte para tratar de frear a execución destes parques eólicos, posto que consideramos que poden ter unhas consecuencias irreparables para o noso Concello, tanto para os veciños e veciñas como para o propio medio natural”.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas