Home Allariz-Maceda Allariz XXXIX Xornadas de Folclore

XXXIX Xornadas de Folclore

- Anuncio -
Os 170 artistas participantes nas Xornadas viaxan hoxe ata Allariz e A Rúa no ecuador da programación

O Parque do Aguillón de A Rúa xa está listo para recibir, ás 22,30 horas desta noite, o folclore das agrupacións de Panamá, Senegal e México

O segundo Festival de hoxe terá lugar no campo da Barreira en Allariz, que acollerá as danzas que chegan dende Colombia, Taiwán e Serbia, a partir das 22,30 horas

A Rúa de San Martín, en Trives, e a Praza Maior de O Carballiño serán os escenarios para os dou festivais de mañá, sábado, ás 22,30 horas

A XXXIX edición das Xornadas de Folclore chegan hoxe ao ecuador da súa programación. A numerosa asistencia de público e os entregados aplausos ao remate das actuacións son a mellor mostra do éxito deste evento cultural. Arredor de 200 persoas, entre membros das agrupacións, técnicos de iluminación e son, persoal de montaxe e decoración, guías e membros da organización, fan posible cada noite os festivais en dúas vilas distintas da provincia.

As Xornadas están organizadas pola  Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e dos diferentes concellos anfitrións.

Os asistentes ao encontro no Parque do Aguillón de A Rúa  poderán descubrir o variado folclore que chega dende Panamá, Senegal e México,  cos grupos Academia Andrés Valiente, Danza y Proyecciones Folklóricas, de Panamá, Ballet Jammu de Senegal e o Ballet Folk Instituto Tecnológico de Celaya, México.

A agrupación procedente de Senegal, Ballet Jammu, que quere dicir “Paz”, é a máis pequena destas xornadas, con 15 compoñentes. Este ballet folclórico xurdiu en Dakar no ano 2008 e fusiona dúas ideas: facer un grupo de folclore estable e crear unha escola de música e danza. Neste grupo participan mozos músicos e bailaríns de todas as etnias de Senegal: Wolof, Bambara, Peul, Toutcouleur, …Nos seus espectáculos presentan as danzas máis tradicionais do Senegal como o Sabar ou o Djembe. Pero tamén coreografías con elementos de danza contemporánea, como “Africa”. As súas impresionantes danzas combinan movementos cheos de enerxía cunha espectacular acrobacia, baseadas no ritmo Mbalax. Este ritmo obtense dos tambores Sabar, empregados durante séculos polos Wolof do Senegal. O grupo, na súa corta existencia, obtivo prestixiosos galardóns, premios e condecoracións polo rigor nas investigacións das súas tradicións e o traballo realizado en prol da súa cultura e conservación e difusión da etnografía.

Os vistosos traxes tradicionais e as músicas e danzas da Fundación Ballet Folclórico de Nosa Colombia, Yuan Yuan Dance Group de Taiwán e Kud Srem de Serbia ocuparán o campo da Barreira en Allariz, a partir das 22,30 horas, para o deleite do público asistente.

Mañá, 17 de agosto:  Trives e O Carballiño

A XXIX edición das Xornadas de Folclore chega mañá as vilas de Trives e O Carballiño.

A Praza Maior de O Carballiño recibirá as agrupacións folclóricas de Panamá, Senegal e México, ás 22,30 horas.

Colombia, Taiwán e Serbia despregarán o seu folclore na Rúa de San Martín, en Trives. A partir das 22,30 horas.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a “vangarda” do Centro de Procesado Avícola de Coren e a...

0
O presidente da Deputación visitou as instalacións do Centro de Procesado Avícola, en Santa Cruz de Arrabaldo, onde traballan máis dun millar de empregados Menor...

Luis López presenta o plan de acción da Deputación para converter os castelos de...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, dá a coñecer os obxectivos dunha campaña de catro anos para consolidar os castelos...

Luis López destaca a aposta polo deporte e o apoio da Deputación a Vilagarcía...

0
O remate da colocación de novas butacas e novos marcadores motiva a visita do presidente Luis López e o deputado Javier Tourís a unha...

Luisa Sánchez participa na presentación do Trail da Trega, a proba final da Pontevedra...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este mércores, xunto co alcalde da Guarda e tamén deputado provincial Roberto Carrero, na presentación...

Isabel Couselo lembra ao Concello de Gondomar que o actual goberno provincial rescatou o...

0
A deputada Isabel Couselo asegura que foi o actual goberno provincial quen en pouco máis dun ano tivo que axilizar toda a tramitación deste...

A Deputación leva este sábado ata As Neves a película “¡Salta!” no marco do...

0
A proxección cinematográfica poderá verse no Auditorio municipal da vila ás 20:00 horas O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do...

Publicacións Relacionadas