Uns 800 comensais darán conta de 40 costillares que serán preparados para o Xantar Prehistórico que coincidirá cun “Showcooking” a cargo do prestixioso cociñeiro portugués Pedro Cura.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, e o alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, supervisaron os últimos detalles dos preparativos para celebrar mañá domingo a terceira edición do Festival da Arte Rupestre “Laeros” que ten como unha das súas sinais de identidade o Xantar Prehistórico no que uns 800 comensais darán contan de 40 costillares preparados pola Asociación Costillar A Estaca de San Clemente.
Tanto López como Costa prevén que esta terceira edición vaia camiño dun novo récord de asistencia de público como indica que xa con anterioridades estean esgotados os lotes habilitados para o Xantar Prehistórico.
O Xantar Prehistórico estará preparado pola Asociación Costillar A Estaca de San Clemente e poderá ser degustado nas mesas ubicadas no entorno do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) en zonas especialmente elixidas á sombra das árbores alí existentes e cos servizos axeitados para a maior comodidade dos comensais. Asaranse, en principio, uns 40 costillares de vacún preparados ao espeto.
SHOWCOOKING PREHISTÓRICO, COMO UNHA DAS NOVIDADES
Carlos Costa indicou que este festival da arte rupestre vai cada ano a máis e nesta ocasión “presentamos como principais novidades un “Showcooking Prehistórico” que estará a cargo da empresa portuguesa Prehistoric Skills que potenciará o apartado gastronómico e situarase na entrada do edificio de interpretación. Fan dende peixe en arxila ata pan de landra pasando por carne en lume directo, recursos mariños en estrutura de cubete, queixo a partir de leite de cabra, etc. Está a cargo de Pedro Cura, un especialista en didáctica e arqueología de prestixio”.
Segundo manifestou o alcalde, “este ano queremos dar un paso máis e facer recreacións da Idade do Bronce Atlántico coa participación da asociación leonesa Boquique, quizais a entidade que mellor coñece a Idade do Bronce na Península. Varios dos seus colaboradores son doutores en Prehistoria. Farán un depósito de machados, que realmente é un encontro ritual entre dúas tribus que remata co enterramento simbólico de machados e bebida. Comezará no poboado e rematará nas proximidades da zona de comida. Pola tarde representarán un enterramento”, comenta Costa.
A PARTICIPACIÓN VECIÑAL, PEZA FUNDAMENTAL
Por outra banda, Carlos Costa referiuse a importancia que ten a participación veciñal no éxito da celebración do festival da arte rupestre “Laeros” e así anunciou que “o máis importante desta celebración é a participación da veciñanza que vai colaborar nesta edición aínda máis sendo protagonista activa do “Laeros”. Así, ademais do colectivo das Mulleres Rurais no poboado este ano haberá un espazo denominado “Xogos Rupestres” que ten seis ou setes xogos creados polo alumnado do CEIP Cerviño (tres en raia, lince, dominó,…), todos inspirados na arte rupestre de Campo Lameiro e Galicia”.
Estamos, segundo dixo o alcalde “ante o “Laeros” máis espectacular polo maior protagonismo das representación e recreacións prehistóricas, o showcooking, os profesionais de primeiro nivel que van a vir e, por suposto, polo gran protagonismo da veciñanza que medra e forma parte activa do festival”.