Home Pontevedra Campo Lameiro Uns 800 comensais dan boa conta de 40 costillares de vacún e...

Uns 800 comensais dan boa conta de 40 costillares de vacún e sazonan a súa asistencia ao festival “Laeros” con recreacións prehistóricas e animacións musicais

- Anuncio -

O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, estivo acompañado na visita ao poboado prehistórico polo director xeral de Gandeiría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; a deputada provincial Isabel Couselo e os alcaldes de Portas, Ricardo Martínez; Ribadumia, David Castro Mougán; de Moraña, Sito Gómez; e o de Crecente, Julio García-Luengo; así como o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares e o de Medio Rural, Antonio Crespo.

Uns 800 comensais deron boa conta de 40 costillares de vacún preparados ao espeto no Xantar Prehistórico que tivo lugar durante a celebración do Festival da Arte Rupestre “Laeros” en Campo Lameiro onde as recreacións de diversas escenas da Idade do Bronce e as actuacións musicais foron animando esta xornada de convivencia veciñal e de promoción turística dos recursos arqueolóxicos e rupestres do municipio.

Na visita ao poboado prehistórico onde a asociación leonesa “Boquique” fixo unha recreación dun intercambio comercial entre dúas tribus, o alcalde Carlos Costa estivo acompañado polo director xeral de Gandeiría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; a deputada provincial Isabel Couselo e os alcaldes de Portas, Ricardo Martínez; Ribadumia, David Castro Mougán; de Moraña, Sito Gómez; e o de Crecente, Julio García-Luengo; así como o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares e o de Medio Rural, Antonio Crespo.

O bo tempo reinante e unha suave e agradable brisa fixeron que os comensais que se deron cita en torno aos 40 costillares e aos lotes que contiñan polbo á feira preparado por A Fuchela pasaran unha xornada gastronómica e de convivencia veciñal extraordinaria.

As mesas colocadas baixo ás árbores do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PARA) serviron de acubillo para que os asistentes disfrutaran comodamente do xantar que ao redor das 15 horas ían saíndo quentiños das brasas preparadas polos membros da Asociación Costillar A Estaca de San Clemente. 

Esta terceira edición de “Laeros” tivo como novidade a presentación dun “Showcooking Prehistórico” que estivo a cargo da empresa portuguesa Prehistoric Skills que serviu para potenciar a vertente gastronómica deste evento. Fixeron dende peixe en arxila ata pan de landra pasando por carne en lume directo, recursos mariños en estrutura de cubete, queixo a partir de leite de cabra, etc. Estivo a cargo desta mostra Pedro Cura, un especialista en didáctica e arqueología de prestixio.

Outra das novidades foi a recreación da Idade do Bronce Atlántico, coa participación da asociación leonesa Boquique, a entidade que mellor coñece esta etapa prehistórica na Península. Fixeron no poboado un depósito de machados, que realmente é un encontro ritual entre dúas tribus que remata co enterramento simbólico de machados e bebida.

CADA VEZ MÁIS VECIÑOS ÚNENSE A “LAEROS”

Por outra banda, Carlos Costa destacou o protagonismo e a importancia de que a veciñanza participe de xeito activo en “Laeros” e sinalou que quedou refrendada coa asistencia masiva de comensais e visitantes que superaron as espectativas incialmente previstas. Así, ademais do colectivo das Mulleres Rurais no poboado este ano houbo un espazo denominado “Xogos Rupestres” con media ducia xogos creados polo alumnado do CEIP Cerviño (tres en raia, lince, dominó,…), todos inspirados na arte rupestre de Campo Lameiro e Galicia.

A nota musical deste ano correu a cargo de “Cantos da terra”, que amenizaron a sobremesa do Xantar Prehistórico e a  Charanga Os Encerellados que, pola tardiña, animaron a bailar aos asistentes a este evento gastronómico e de promoción da arte rupestre de Campo Lameiro.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas