Home A Coruña A Rede de Voluntariado de COGAMI forma a 57 persoas como voluntarias...

A Rede de Voluntariado de COGAMI forma a 57 persoas como voluntarias con fondos do 0,7% do IRPF

- Anuncio -

COGAMI promove durante este ano o programa Rede de Voluntariado, enmarcado na Liña VI de Actuacións destinadas ao voluntariado. Financiado pola Xunta de Galicia a través dos fondos recadados polo 0,7% do IRPF, aportados por aquelas persoas que marcaron o recadro de Actividades de Interese Social coñecido como X Solidaria, o programa de Voluntariado de COGAMI promove a visibilidade social das persoas con discapacidade, facilitando a participación activa como voluntarias nas diversas accións planificadas

Con ámbito de actuación nas catro provincias galegas, leva a cabo accións que fortalecen ás sesenta entidades que forman parte do movemento asociativo de COGAMI, ademais de promover a igualdade de oportunidades na participación social das persoas con discapacidade. Este programa de Voluntariado ten como obxectivo principal a formación de persoas voluntarias e xestoras de accións de voluntariado, especialmente en programas innovadores dentro dos diferentes sectores establecidos na Lei de Acción Voluntariado. No que vai de ano están a participar 57 persoas, incluíndo tanto ás persoas voluntarias como ás xestoras, aquelas persoas que se encargan de planificar, coordinar e supervisar as accións de voluntariado.

Unha das prioridades do programa de Voluntariado é a mellora das competencias das persoas xestoras de voluntariado, co fin de ofrecer un servizo máis eficiente ás persoas con discapacidade. De igual xeito trabállase na mellora das competencias das persoas voluntarias, tanto nas relacionadas co voluntariado en xeral, como nas específicas do ámbito da discapacidade.

Outras das accións que recolle son a formación e acompañamento práctico individualizado para aquelas persoas que precisan apoios específicos ata que poidan exercer a súa actividade de xeito autónomo. Este enfoque é particularmente relevante para as persoas con discapacidade que requiren apoios para participar activamente nas actividades de voluntariado.

A través de programas como este de Voluntariado, COGAMI reafirma o seu compromiso coa igualdade e a inclusión, traballando para que todas as persoas poidan participar plenamente na sociedade. 

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas