O día 3 de setembro será para maiores de 65 anos cun prezo de 33,70 € e o día 7 de setembro para menores de 65 anos cun prezo de 35,90 €. Inclúe autobús, tren, almorzo e entrada ao museo Douro
O Concello de Nigrán ofrece sendas excursións en tren polo río Douro cuxo prazo de inscrición abre este mércores 21 de agosto. En concreto, unha delas será o 3 de setembro exclusivamente para maiores de 65 anos cun prezo de 33,70 € e outra o 7 de setembro só para menores de 65 anos cun prezo de 35,90 €. A inscrición comeza o mesmo día no propio consistorio (Oficina de Información Cidadá) ás 9:00 horas para os maiores de 65 e ás 15:00 horas para os menores. En ambos casos as prazas distribuiranse por rigorosa orde, cun máximo de 2 inscritos por persoa, e terán prioridade os empadroados no Concello de Nigrán. O prezo inclúe autobús (sufragado desde o Concello) tren, almorzo e entrada ao museo Douro.
Ambas saídas serán desde Nigrán ás 7:30h dirección Pocinho para iniciar aí unha viaxe en tren pola icónica ruta do Douro, puidendo contemplar os viñedos e marxes do río ata a cidade de Peso de Régua. Alí será o almorzo, para pola tarde finalizar a saída cunha visita ao Museo do Douro.