Home Ourense Baixa Limia XXXIX Xornadas de Folclore

XXXIX Xornadas de Folclore

- Anuncio -

Manzaneda e Bande serán esta noite museos vivos da cultura e as tradicións dos seis países participantes nas Xornadas

Manzaneda acollerá os grupos de Panamá, Senegal e México. En Bande actuarán os compoñentes das agrupacións de Colombia, Taiwán e Serbia


Estas dúas vilas serán as últimas nas que os participantes neste encontro cultural único actúen divididos en dous grupos


Ourense acollerá mañá o gran desfile polas rúas da cidade que rematará coa actuación das seis agrupacións folclóricas na Praza Maior

A edición XXXIX das Xornadas de Folclore chega esta semana ao seu fin. Hoxe será a última vez na que as seis agrupacións folclóricas participantes actúen divididas en dous grupos. Será na Praza da Constitución de Bande, ás 20,30 horas, e no Patio do Colexio de Manzaneda ás 22,30 horas.

Na cita de Manzaneda as actuacións correrán a cargo dos grupos Ballet Folk del Instituto Tecnológico de Celaya, México, dos senegaleses do Ballet Jammu e os compoñentes da Academia Andrés Valiente, Danzas y Proyecciones Folklóricas de Panamá.
O público asistente ao encontro folclórico en Bande poderá admirar os ritmos e as rechamantes danzas da Fundación Ballet Folclórico de Nobsa, de Colombia, o Yuan Yuan Dance Group de Taiwán e os serbios da agrupación Kud Srem.
A organización deste popular evento é da Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e dos diferentes concellos anfitrións.

As Xornadas de Folclore finalizan neste 2024 a súa XXXIX edición, aínda que levan 41 anos de traxectoria, trala parada obrigatoria de dous anos imposta pola pandemia. Neste tempo, baixo a dirección artística de Xulio Fernández, trouxeron ata a provincia ourensá a tradición folclórica de 400 grupos e subiron aos escenarios das vilas a 15.000 artistas. Só nesta edición participaron 170 persoas, entre músicos e danzantes.

Na presentación das Xornadas deste ano, Xulio Fernández recoñeceu o gran traballo que esixe a posta en marcha dun evento cultural destas características, citando especialmente a coordinación de Xabier Álvarez, e aos guías e voluntarios que traballan a diario cos artistas das seis agrupacións folclóricas que recorreron as 16 vilas da provincia. Tamén resaltou “a implicación da cidadanía nun espectáculo de máximo nivel e de referencia en España”.

O Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, dependente da Deputación de Ourense, nace no 2004, ano no que se lle dedicou o Día das Letras Galegas ao prestixioso etnógrafo ourensán Xaquín Lorenzo Fernández. O seu obxectivo principal é promocionar todo tipo de actividades encamiñadas a recuperar, conservar e espallar a cultura do noso pobo, incidindo con máis forza naqueles aspectos que, a causa da ruptura das habituais canles de transmisión, desapareceron practicamente .

Mañá, 20 de agosto: Ourense

Un colorido desfile formado polos compoñentes das seis agrupacións folclóricas que participan nesta edición recorrerá mañá as rúas da cidade. O recorrido comezará ás 22.30 horas no Parque de San Lázaro e rematará na Praza Maior, onde terá lugar o Festival.

Relacionadas

A Deputación avanza nun proxecto piloto para revalorizar os residuos das viñas e reducir...

0
A comarca de Monterrei probará solucións a favor dunha viticultura rexenerativa, no marco dun proxecto cofinanciado con fondos europeos e liderado a través do...

Luis Berardo Araújo releva a Roberto González como portavoz do grupo municipal do PP...

0
●         Luis Berardo Araújo recolle esta encarga con “moitas ganas e ilusión” e Roberto González expresa que este cambio chega por motivos estritamente profesionais, “pero...

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

O comité para desbloquear o transporte metropolitano avanza na reordenación dun mapa que dará...

0
Tralo terceiro encontro de traballo cos concellos da comarca de Ourense implicados no proceso, o presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou que “imos no...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que...

0
Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García,...

Luis López fai balance dos investimentos da Deputación no sur da provincia: 23 M€...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada Nava Castro, inicia en Ponteareas unha rolda de encontros informativos comarcais para repasar os proxectos e programas postos...

Publicacións Relacionadas