Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense XXXIX Xornadas de Folclore

XXXIX Xornadas de Folclore

- Anuncio -
Ourense acolle esta noite o gran desfile das seis agrupacións folclóricas coa Praza Maior como escenario final do percorrido
Os grupos amosarán o seu folclore polas rúas da cidade na penúltima actuación das Xornadas que acollerá a Praza Maior

O percorrido inicial sufrirá unha pequena variación e os grupos farán a súa entrada na Praza pola Rúa das Tendas

O auditorio do Castelo de Ribadavia acollerá mañá o final da XXXIX edición destas Xornadas coa actuación dos seis grupos

As XXXIX Xornadas de Folclore entran esta noite na súa recta final coa actuación das seis agrupacións folclóricas na Praza Maior da cidade. Previamente, os 170 compoñentes dos grupos que representan a catro continentes, realizarán o xa tradicional desfile pola rúa do Paseo, partindo do Parque de San Lázaro, ás 22, 30 horas.

Os vistosos traxes tradicionais amosarán o seu colorido ao ritmo das súas músicas ao longo do Paseo. As obras ao final da rúa Lamas Carvajal obrigan a introducir un pequeno cambio no traxecto inicial. O desfile, ao chegar a igrexa de Santa Eufemia, subirá cara á Catedral e entrará na Praza Maior pola Rúa das Tendas, onde os grupos serán recibidos polo público asistente.

O Ballet Jammu de Senegal encabezará o desfile desta noite, seguido do grupo de Panamá, Academia Andrés Valiente, Danzas y Proyecciones Folklóricas, do Yuan Yuan Dance Group de Taiwán, dos mexicanos de Ballet Folk Instituto Tecnológico de Celaya e dos serbios de Kud Srem. Os compoñentes do grupo colombiano da Fundación Ballet Folclórico de Nobsa serán os responsables de pechar este atractivo percorrido pola cidade como preámbulo das actuacións na Praza Maior de Ourense.

A partir das 23,00 horas, as seis agrupacións folclóricas amosarán ao público presente as danzas e as músicas tradicionais dos países presentes nesta edición das Xornadas de Folclore, organizadas pola Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e dos diferentes concellos anfitrións

A orde de intervención neste penúltimo espectáculo conxunto será: Panamá, Senegal, Colombia, Taiwán, México e Serbia. Máis dunha hora de actuacións no que o público poderá asomarse a esta fiestra das culturas do mundo e admirar o traballo de recuperación e transmisión do folclore, desenvolvido polas seis agrupacións.

Mañá, 21 de agosto:  Ribadavia

O Auditorio do emblemático Castelo de Ribadavia acollerá mañá o último espectáculo destas Xornadas de Folclore coa actuación, nun pase único, das seis agrupacións folclóricas participantes nesta edición de 2024. Será ás 23. 00 horas.

Relacionadas

A Deputación inicia esta semana 15 novos obradoiros do programa Provincia activa para impulsar...

0
Preto de 260 veciños de 14 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, restauración de mobles e tapizaría ou memoria, entre...

A Deputación programa para o venres 20 de setembro unha actuación de Celso Fernández...

0
O narrador de Lalín presentará ‘Dicir A era das fábulas, é coma dicir Desde o principio dos tempos’, ás 19:00 h no Edificio Castelao...

A Deputación organiza esta semana 13 saídas ao abeiro do Plan “+Convivencia” coa participación...

0
Os participantes, de entidades de dez concellos da provincia visitarán lugares como as illas de Ons e Cíes, Tui, A Guarda, Baiona, Poio, Portonovo,...

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas últimas rutas...

0
Os oito percorridos programados en outubro pecharán a actual edición do programa, que ata o momento logrou esgotar todas as súas prazas en cuestión...

Luis Menor destaca o extraordinario desenvolvemento do sector vitivinícola ourensán, “cun gran pasado, un...

0
Na visita aos traballos de vendima da adega Ladairo, na Denominación de Orixe Monterrei, o presidente provincial subliñou o desenvolvemento experimentado polos sectores produtivos...

Luis Menor reivindica o papel da Deputación na colaboración coa Xunta, coa achega de...

0
O Goberno ourensán é a única Deputación que financia este plan, que tamén se estenderá ao resto de Galicia, e a provincia que terá...

Publicacións Relacionadas