Free Porn
xbporn
Home O Morrazo Bueu O concello de Bueu contratará tres persoas en prácticas co Plan +...

O concello de Bueu contratará tres persoas en prácticas co Plan + Emprego

- Anuncio -
  • Os perfís seleccionados son técnico/a administrativo, un graduado/a en traballo social e outro en xestión e administración públicas
  • Con este persoal reforzaranse tres dos departamentos con máis atención directa coa cidadanía

O Concello de Bueu, a través da concellaría de emprego, vén de presentar a solicitude de subvención para contratar tres persoas en prácticas no Plan + Emprego da Deputación Provincial de Pontevedra. Segundo avanza Silvia Carballo, concelleira da área, “a través desta contratación agardamos reforzar certos servizos para mellorar a atención á cidadanía, ao tempo que ofrecemos a oportunidade a que tres persoas coñezan de preto o funcionamento da administración”.

O primeiro dos perfís seleccionados é un técnico/a administrativo, que se destinará ao departamento de Rexistro e Estatística, que viron incrementado o seu traballo na última década coa posta en marcha da administración electrónica. Para Benestar Social virá unha persoa graduada en traballo social, que reforzará un departamento moi importante para o Concello, pois nos últimos anos “levamos a cabo unha forte aposta polas políticas sociais e igualdade, co que se mellorará a vida da cidadanía, e co que agardamos ir un paso máis alá”. E a última escolla será un graduado/a en xestión e administración públicas, que realizará o seu traballo no departamento de Intervención, Tesourería e Recursos Humanos.

As persoas comezarán a traballar en outubro, logo de que a Deputación de Pontevedra leve a cabo o correspondente proceso selectivo, e terán por diante un ano para coñecer a administración e desenvolver os seus traballos, ao tempo que axudan aos departamentos a ter un mellor funcionamento e a paliar algunhas das eivas dos últimos anos.

Así mesmo, dende o Concello continuase avanzando na convocatoria dos procesos selectivos dos postos estruturais como o técnico/a de administración xeral para o departamento de Secretaría, a creación dunha bolsa de emprego de arquitecto/a técnico/a, e as promocións internas para reforzar a estrutura propia do Concello.

Relacionadas

O Concello de Tui adquire novo material para cursos de RCP e manexo dos...

0
Protección Civil de Tui e Policía Local, xunto co médico tudense Rosendo Bugarín, impartirán obradoiros básicos en colexios e instalacións deportivas O Concello de Tui...

Celebración do Día Mundial do Alzheimer cun Roteiro Turístico e Musical non Concello “O...

0
Deporturismo Social: un evento transformador. En conmemoración do Día Mundial do Alzheimer, ou próximo 21 de Setembro , ou Concello de Baiona en colaboración con...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra obradoiros para público adulto de introdución a...

0
Este mércores ás 9:00 horas ábrese a inscrición aos cursos prácticos de carbón, tinta e pastel, que se desenvolverán os martes pola tarde entre...

Inauguración do Novo Comedor no CEIP Fontes-Baíña de Baiona que beneficia a 60 escolares

0
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, o Director Territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, a concelleiro de Educación, Nuria Leyenda Gómez,...

O concello de Nigrán investirá os cartos previstos para o campo de fútbol de...

0
Tras a negativa da Comunidade de Montes de cumprir cos requerimentos de cesión da Deputación de Pontevedra para que o Concello puidese realizar o...

A Deputación inicia esta semana 15 novos obradoiros do programa Provincia activa para impulsar...

0
Preto de 260 veciños de 14 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, restauración de mobles e tapizaría ou memoria, entre...

Publicacións Relacionadas