Home Deputacións Deputación Ourense XXXIX Xornadas de Folclore

XXXIX Xornadas de Folclore

- Anuncio -

O Castelo de Ribadavia acolle a gala de clausura das Xornadas de Folclore despois de dez días de percorrido pola provincia 

As actuacións das seis agrupacións folclóricas foron moi aplaudidas nas 16 vilas que formaron parte da súa xira

Os compoñentes dos grupos de Panamá, México, Colombia, Senegal, Taiwán e Serbia destacaron a “boa acollida” dos ourensáns

Mañá os participantes desta edición XXXIX das Xornadas de Folclore deixarán a provincia para seguir cos seus compromisos

Ourense, 21 de agosto de 2024.

O Castelo de Ribadavia, patrimonio artístico único, será esta noite o escenario perfecto para despedir a música, cor, cantos e danzas das seis culturas diferentes, procedentes de catro continentes, que encheron as noites ourensás dunha riqueza excepcional durante dez días. A cita será as 23, 00 horas.

O Festival de peche desta edición de 2024 comezará, neste espectáculo conxunto, coa actuación do grupo de Panamá,  seguido de Senegal, Colombia, Taiwán, México e Serbia. Máis dunha hora de actuacións para despedirse de Ourense nun marco excepcional no que se une patrimonio cultural material e inmaterial.

Durante dez días as agrupacións folclóricas de Panamá, México, Colombia, Senegal, Taiwán e Serbia, participantes nesta XXXIX edición,  entusiasmaron ao público cos seus vistosos espectáculos. Bande, A Rúa, Celanova, O Barco, Manzaneda, O Carballiño, Trives, Allariz, Maceda, Viana do Bolo, Entrimo, Xinzo de Limia, Castro Caldelas, Verín e Ourense, xunto con Ribadavia esta noite, foron anfitrións perfectos para o folclore do mundo.

Este evento cultural, moi esperado polo público neste mes de agosto, está organizado pola Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e dos diferentes concellos anfitrións

Os responsables de invadir as rúas e prazas da provincia de historias recuperadas do folclore e da maxia do baile dende todo o mundo foron este ano O Ballet Jammu de Senegal, o grupo de Panamá, Academia Andrés Valiente, Danzas y Proyecciones Folklóricas, o Yuan Yuan Dance Group de Taiwán, os mexicanos de Ballet Folk Instituto Tecnológico de Celaya, os serbios de Kud Srem e os compoñentes do grupo colombiano da Fundación Ballet Folclórico de Nobsa.

Todas as persoas que conforman o elenco artístico manifestaron a súa “gratitude” ao público ourensán “pola excelente acollida” en cada unha das vilas, onde os longos aplausos foron o mellor agasallo recibido, e a organización “polo bo trato e a atención continuada”.

Mañá, 22 de agosto: Partida

Partida dos grupos participantes nestas Xornadas de Folclore.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas