Home A Coruña O Concello de Fene demanda á Xunta de Galicia solucións urxentes para...

O Concello de Fene demanda á Xunta de Galicia solucións urxentes para mellorar os servizos e infraestruturas municipais

- Anuncio -

O alcalde, Juventino Trigo, e a tenente de alcalde, Sandra Permuy, recibiron ao deputado polo BNG, Xosé Manuel Golpe

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, xunto coa tenente de alcalde, Sandra Permuy, mantiveron unha reunión co deputado no Parlamento de Galicia polo BNG, Xosé Manuel Golpe, para abordar diversas necesidades que dependen da Xunta de Galicia e que resultan esenciais para o benestar da veciñanza do concello.

Entre os temas tratados, unha cuestión especialmente relevante foi a petición de resposta á solicitude presentada polo Concello de Fene en novembro de 2022 ante a Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade para a construción dunha senda peonil na Avenida Conces, na AC-115. O alcalde, Juventino Trigo, subliñou a importancia desta infraestrutura para garantir a seguridade dos peóns, afirmando que “é fundamental que a Xunta atenda esta demanda histórica e prioritaria Fene. Non podemos permitir que a seguridade viaria da nosa veciñanza quede nun segundo plano nunha estrada que conta cun alto volume de circulación”.

Por outro lado, tamén se abordaron cuestións relacionadas coa eficiencia enerxética, área na que o deputado Xosé Manuel Golpe é especialista. Golpe comprometeuse a levar adiante diversas iniciativas no Parlamento de Galicia para dar resposta ás demandas presentadas polo Concello de Fene. “Desde o BNG, imos traballar para que as necesidades de Fene sexan escoitadas e atendidas pola Xunta. Son cuestións xustas e necesarias que non poden agardar máis”.

Algúns destes temas foron tratados previamente polo Alcalde de Fene e a Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol nunha xuntanza celebrada hai unhas semanas a petición do Concello. Estas reunións forman parte dunha serie de encontros do Goberno municipal cos diferentes grupos para desbloquear as materias pendentes que o Goberno galego ten con Fene.

Relacionadas

San Sadurniño adxudica en 85.789 euros as obras de ancheado e aglomerado da pista...

0
A estrada é o principal enlace da zona urbana co campo de fútbol e a piscina municipal O Concello de San Sadurniño asinou recentemente o...

Belén do Campo destaca o investimento de 319.500€ na mellora de infraestructuras rurais de...

0
 A delegada da Xunta avaliou cos alcalde esas aportacións que servirán tanto para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas como...

Ponteceso dedicará todo o POS Adicional 2025 a financiar o Servizo de Axuda no...

0
 A iniciativa foi apoiada por todos os grupos que forman a corporación municipal a excepción de APIN, que optou pola abstención sen argumentar...

Os veciños de Bergondo xa contan co calendario “Bergondo en Feminino”, que homenaxea a...

0
· A iniciativa combina fotografías, biografías e ilustracións de lugares emblemáticos asociados ás homenaxeadas. O Concello de Bergondo anuncia que o calendario "Bergondo en Feminino"...

Cámara de Comercio de Santiago e ABANCA renovan o seu convenio para dinamizar e...

0
A Cámara de Comercio de Santiago e ABANCA asinaron a renovación anual do seu convenio de colaboración co obxectivo de impulsar a actividade empresarial...

Incendiados catro colectores en Aguiño, no concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados esta noite dun incendio que afectaba a varios colectores en Aguiño, no concello de Ribeira. Víronse...

Publicacións Relacionadas