Home A Coruña Máis de cen persoas con linfedema e lipedema tratadas a través do...

Máis de cen persoas con linfedema e lipedema tratadas a través do programa de atención especializada que ofrece a asociación AGL

- Anuncio -

Asociación Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica e outras Patoloxías Vasculares Periféricas (AGL) vén desenvolvendo durante o ano 2024 o Programa de Atención Especializada para Persoas con Discapacidade, xestionado por COGAMI, que inclúe actividades de fisioterapia, atención individualizada e accións de sensibilización e información dirixidas tanto a profesionais como á poboación en xeral.

Este programa está financiado a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas a programas de carácter social xestionados pola Xunta de Galicia a cargo da asignación tributaria do 0,7% do IRPF procedente de todas as persoas que marcaron o recadro 106 de Actividades de interese xeral consideradas de interese social, coñecido como X Solidaria.

A actividade de fisioterapia, parte fundamental deste programa, ten como obxectivo mellorar as capacidades das persoas usuarias e facilitar a súa autonomía, promovendo a súa integración social e laboral. Na actualidade, 71 persoas benefícianse deste servizo especializado, que AGL desenvolve en 11 clínicas repartidas polos concellos de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela, Ferrol, Culleredo e Carballo. Ao longo do que vai de ano, xa se atenderon máis de 80 consultas, complementadas con accións de sensibilización e información en diferentes puntos da nosa comunidade autónoma.

Desde a Asociación apuntan a fisioterapia como tratamento máis eficaz para evitar que as doenzas relacionadas co linfedema, lipedema e outras enfermidades vasculares se agraven. Indican que a día de hoxe, a sanidade pública galega non dispón dos recursos suficientes para ofrecer este servizo a todas as persoas afectadas, o que obriga a moitas delas a buscar solucións privadas, a un custo que non todos poden asumir. Por este motivo, a asociación AGL decidiu poñer en marcha en 2015 este programa e agarda que se manteña no tempo por ser, xunto coas medidas de compresión, os tratamentos máis eficaces.

O programa de fisioterapia conta cun orzamento próximo aos 50.000 euros. A Deputación de A Coruña, a través da convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios, programa FOCVAA, concede a AGL a contía de 11.964,86€. A Deputación de Ourense, cun importe de 2.000 euros, aprobou financiar este programa a través da convocatoria de subvencións para entidades sen ánimo de lucro para a atención a persoas con enfermidades crónica e persoas con discapacidade. O resto do financiamento chega a través da convocatoria do 0,7% do IRPF, sendo 7.500 euros a contía.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas