Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Redondela celebra a IV Carreira Popular Infantil

Redondela celebra a IV Carreira Popular Infantil

- Anuncio -


O sábado 7 de setembro o municipio de Redondela acollerá a celebración da Carreira Popular Infantil, organizada polo Concello e coa colaboración da Asociación deportiva C.A.R. Poderán participar nenos e nenas desde a categorías Pitufo, nados no ano 2022, ata a Sub 18, para os nados no ano 2007. A distancia da carreira será de 50 metros para os máis pequenos até os 2.300 metros para os maiores. A partir das 19.00 horas comezarán as carreiras na rúa Alfonso XII. A meta estará ubicada na mesma rúa, fronte á Casa do Concello.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Deportes, Iván Valles, presentaron este mediodía a proba xunto coa directiva do CAR con Ana María Romasanta, Gabriel Corujeira e José Antonio Lago. Tanto desde o Concello como desde o CAR animan a toda a rapazada a participar nesta festa do atletismo, que conta xa con máis de 140  inscritos, sobre todo nas categorías dos máis pequenos e pequenas. Trátase dunha carreira popular “no que o máis importante é fomentar os valores do deporte e os hábitos de vida saudables entre a rapazada”, sinala Rivas, xa que nesta proba “haberá medallas para todos os participantes”.

As inscricións para a proba son gratuítas, e deben realizarse na páxina web de Cronotec.  O prazo para apuntarse está aberto ata o 4 de setembro. Para máis información o teléfono de contacto é o 667833100.

Relacionadas

O vicepresidente da Deputación asiste ao acto de presentación do equipo de 1ª División...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe ao acto de presentación do equipo de 1ª División Nacional Masculina da SD Teucro,...

O pleno da corporación municipal do concello de Campo Lameiro garda un minuto de...

0
Aprobaron unha axuda de natalidade e os festivos locais que quedan fixados para o 13 de xuño, San Antón, e 29 de setembro, San...

O BNG traslada problemas ocasionados polas obras do saneamento no Lameira

0
Dende o BNG de Marín denúnciase a falta de accións ante os vertedoiros e a precariedade na execución das obras, que afectan á veciñanza...

Luis López sinala que o aumento do 40 % nas axudas a cooperativas agrícolas...

0
O presidente provincial percorreu os viñedos e a bodega de Paco & Lola en Meaño con motivo de inicio da campaña da vendima, onde...

Este venres o historiador Bieito Alonso presenta en Tui o seu último libro

0
Trátase de “Inimigos ás portas: Frank López e o anarquismo global”. Será ás 20 h na Sala Municipal Este venres, 20 de setembro, ás 20...

Arte urbana en Tomiño da man do artista internacional Marion Ve

0
O muralista colombiano está a crear na Avenida de República Arxentina unha obra inspirada nos cores tomiñeses coa que transmitir enerxía positiva Concello e Migrarte...

Publicacións Relacionadas