Home A Coruña O Concello concede á Asociación Sarela unha parcela para a ampliación e...

O Concello concede á Asociación Sarela unha parcela para a ampliación e mellora das súas instalacións

- Anuncio -

A Xunta de Goberno local acordou esta mañá aprobar a concesión demanial sobre a parcela DM-2 do SUNP-14, situada no barrio do Castiñeiriño, para a construción dun edificio destinado a centro de día e ocupacional para a Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela por un prazo de 30 anos. O executivo local tamén deu luz verde á adxudicación á empresa SIELVIGO SL do contrato para a realización das obras de renovación da infraestrutura de iluminación e do peche perimetral suroeste do campo de fútbol das Cancelas, por un importe total de 166.443,17 euros. Destes e outros asuntos tratados en Xunta de Goberno deu conta en rolda de prensa a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

A rexedora anunciou na rolda de prensa a aprobación en Xunta do Goberno da concesión demanial sobre a parcela DM-2 do SUNP-14 do Castiñeiriño á Asociación SARELA para a construción dun edificio destinado a centro de día e ocupacional para enfermos de dano cerebral adquirido que servirá para mellorar a calidade dos seus servizos e incrementar o número de persoas usuarias atendidas. Segundo explicou a rexedora, trátase dunha “parcela á beira do propio edificio que ten Sarela nestes momentos e que xa estaba solicitada, para darlle continuidade e poder facer un centro integral de atención a todas as persoas con dano cerebral adquirido, mellorar as súas instalacións e poder ter unha maior capacidade de número de persoas atendidas”.

Goretti Sanmartín detallou que esta parcela, de titularidade municipal, será concedida “por un prazo de 30 anos” e que ao seu remate “poderase continuar prorrogando en prórrogas sucesivas de cinco anos ata un máximo de 75, tal e como establece a lexislación”.

A parcela conta cunha superficie de 305 metros cadrados e coa súa concesión, a Asociaciación Sarela poderá iniciar agora o proceso de solicitude dos permisos pertinentes para a construción deste novo espazo que permitirá converter Santiago “nun lugar de referencia para atender as persoas con dano cerebral”, destacou a rexedora.

Contratación

O executivo municipal tamén acordou na sesión desta mañá a adxudicación do contrato para a realización das obras de renovación da infraestrutura de iluminación e do peche perimetral suroeste do campo de fútbol de As Cancelas á empresa SIELVIGO SL, por un importe total de 166.443,17 euros (Base impoñible: 137.556,34 euros, IVE do 21%: 28.886,83 euros). Unha intervención “absolutamente necesaria e imprescindible”, salientou a alcaldesa, que terá unha unha duración de seis semanas.

Con estas obras preténdese dar solución aos problemas de inestabilidade das torres de alumeado do campo de fútbol de As Cancelas. Tamén se proxecta a substitución do peche perimetral do fronte suroeste do campo que presenta graves deterioros estructurais. A día de hoxe estes problemas impiden o uso da instalación deportiva de maneira continuada, xa que o seu estado está condicionado Á condicións meteorolóxicas favorables de velocidade de vento.

O proxecto inclúe ademais pequenas actuacións de instalación de megafonía e de marcador electrónico, inexistentes na actualidade co que se pretende actualizar o campo e dotalo das instalacións requiridas pola normativa NIDE, a normativa técnica de instalacións deportivas de aplicación. Coas melloras no alumeado tamén se implatarán medidas de control de eficiencia enerxética.

Convenios

Tamén se aprobou o texto do convenio de cooperación educativa entre o Concello e a Universidade de Santiago de Compoatela para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado dos centros da USC.

Relacionadas

Presentación dos cursos da aula CeMIT do primeiro trimestre do 2025

0
Hoxe presentouse a programación correspondente ao primeiro trimestre do 2025 da aula CeMIT de Ribeira da man do concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta...

Unha trintena de persoas participa no proceso selectivo para crear unha lista de emprego...

0
Un total de 34 persoas participan no proceso selectivo, convocado polo Concello de Neda, para crear unha lista de persoal aspirante a funcionario interino...

Críticas do Partido Popular de Arzúa á inacción do alcalde ante a baixada no...

0
• Arzúa perde novamente poboación, con 14 habitantes menos en 2024, 441 dende o anterior mandato de José Luis García. • O goberno tripartito dedicou...

O Concello comeza a restauración da porta principal do cemiterio de San Amaro

0
Os traballos realizaranse con métodos tradicionais de forxa e recuperando ao máximo os elementos orixinais O Concello comezou a restauración da porta principal que dá...

A Xunta felicita ao Instituto IES Plurilingüe Xosé Neiras Vilas de Oleiros por unha década...

0
— A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visita o centro, o único de Galicia que desenvolve este programa — Destaca os...

San Sadurniño adxudica en 85.789 euros as obras de ancheado e aglomerado da pista...

0
A estrada é o principal enlace da zona urbana co campo de fútbol e a piscina municipal O Concello de San Sadurniño asinou recentemente o...

Publicacións Relacionadas