Home O Morrazo Cangas A Deputación leva este venres a Cangas do Morrazo unha actuación de...

A Deputación leva este venres a Cangas do Morrazo unha actuación de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre no marco do programa +Música

- Anuncio -

O concerto financiado pola institución provincial forma parte das actividades organizadas co gallo das Festas do Cristo de Cangas

A Deputación de Pontevedra financia a través do programa +Música a actuación musical de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre que se celebrará este venres 30 de agosto a partir das 22:00 horas no Recinto de Festas Naves de Ojea de Cangas do Morrazo. Con esta iniciativa, a institución provincial pon á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un catálogo de artistas galegos e en galego co obxectivo de fomentar a nosa cultura e a nosa lingua, así como impulsar a reputación da provincia de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel.

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre presentarán o seu novo traballo, ‘Axúdame a sentir’, publicado este mesmo ano. O título é unha frase que lle dicía con frecuencia a Díaz a súa avoa materna, Obdulia, e ten moi presente a dualidade entre a humanidade e o virtual e as máquinas. Este é o cuarto traballo conxunto das dúas formacións, tras un camiño comezado fai agora unha década e co que xa realizaron máis de 400 actuacións por toda Europa e América.

O concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre forma parte da programación de concertos das Festas do Cristo de Cangas, e é unha das 59 actuacións que se están a celebrar entre maio e setembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia no marco deste programa provincial: 5 en maio, 2 en xuño, 20 en xullo, 26 en agosto e 6 en setembro. +Música ten un orzamento de 600.000 euros, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos.

Relacionadas

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción...

0
• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral • Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa...

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

Publicacións Relacionadas