Home A Coruña O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, será o oferente nas festas da...

O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, será o oferente nas festas da Virxe dos Remedios de Mondoñedo

- Anuncio -

• Asistirán, ademais de Calvín, outros membros da corporación e a banda de gaitas de Ladrido.

• O Concello pon un servizo de bus gratuíto o domingo 15 de setembro para acudir aos festexos.

O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, será o oferente deste ano das Festas Patronais da Virxe dos Remedios de Mondoñedo.
Nesta celebración, que se celebrará entre o 14 e o 16 de setembro, o rexedor ortegano será o responsable de facer a ofrenda á Virxe, o domingo día 15, ás 12:00 horas. Ademais de Calvín, acudirá unha representación da corporación e a banda de gaitas de Ladrido, que terá unha pequena actuación musical nos festexos.
Valentín Calvín agradece “á comisión de festas da Virxe dos Remedios de Mondoñedo a invitación para formar parte da súa festa. É toda unha honra para min”.
BUS GRATUÍTO
Con motivo desta invitación da comisión de festas, o Concello de Ortigueira pon en marcha un servizo especial de autobús para acudir ese día para gozar da festa en Mondoñedo.
O prazo para apuntarse abre mañá, mércores 28 de agosto, e permanecerá aberto ata o próximo 6 de setembro. O transporte sairá da estación de tren ás 10:00 horas e sairá de Mondoñedo sobre as 17:00.
O servizo é totalmente gratuíto, aínda que non se inclúe comida. Requirirase un mínimo de 30 persoas apuntadas para que se realice esta viaxe. Para inscribirse, as persoas interesadas deberán chamar ao teléfono 981 400 000, facilitando o seu nome completo e un teléfono de contacto.

Relacionadas

Ribeira presenta unha Cabalgata máis inclusiva

0
Entramos xa na recta final das celebracións do Nadal e a cita máis agardada por todas e todos, especialmente polos máis cativos é a...

A Concellaría de Medio Rural inicia 2025 co primeiro Plan municipal de prevención e...

0
A concelleira de Medio Rural, Pilar Lueiro, realizou un balance das actuacións realizadas no último ano e que supoñen iniciar 2025 co primeiro Plan...

A Pobra reparte as últimas caramiñas para sortear nuns días a viaxe familiar a...

0
A época do Nadal xa está chegando ao seu fin e A Pobra do Caramiñal prepárase para despedi-la campaña Volta o Nadal, voltan as...

Francisca Simil, veciña da Pobra, cumpre 103 anos

0
O Concello da Pobra do Caramiñal comezou o 2025 felicitando a unha das súas veciñas centenarias: Francisca Simil Mariño. Para ela cada Aninovo é...

Laxe recibirá este domingo a visita dos Reis Magos de Oriente

0
• As súas Maxestades sairán ás 15:00 horas da Casa do Concello e farán un percorrido polas rúas de Laxe e as demais parroquias •...

Lorena Breijo, de Barallobre, e María Celia López, de Perlío, son as gañadoras do...

0
Vinte e dúas persoas participaron na I edición do Concurso de Decoración de Nadal que organizou a Concellería de Promoción Económica co obxectivo de...

Publicacións Relacionadas