Home Pontevedra As Bibliotecas Municipais abren os Clubs de Lectura

As Bibliotecas Municipais abren os Clubs de Lectura

- Anuncio -

O luns 2 de setembro comeza o prazo para inscribirse nos Clubs de Lectura das Bibliotecas Municipais de Redondela. Un club de lectura é unha xuntanza periódica onde un grupo de persoas comentan diferentes libros, obras que previamente cada unha delas leu de xeito individual. Nas Bibliotecas Municipais de Redondela e Chapela as reunións son mensuais.

A actividade é de balde  e as bibliotecas proporcionan os libros para cada sesión. As persoas participantes teñen que ter cumpridos os 18 anos, ter o carné de socias das Bibliotecas Municipais de Redondela, ou ben de calquera outra biblioteca da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, e inscribirse previamente nun dos clubs. En calquera caso, o carné das bibliotecas pode facerse no mesmo momento da inscrición. As xuntanzas comezarán  no mes de outubro. Na Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela serán o terceiro venres de cada mes, e na Biblioteca P. M. Xela Arias de Chapela o terceiro luns de cada mes. Máis información nas propias bibliotecas.

Redondela: Multiúsos da Xunqueira, teléfono 986 40 15 61 ou  no enderezo electrónico  bibliotecaredondela@redondela.gal

Chapela: Multiúsos do Piñeiral, teléfono 986 45 42 26 ou no enderezo electrónico bibliotecachapela@redondela.gal

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas