Home Valdeorras O Barco de Valdeorras A Xunta consulta o comercio de Valdeorras para avanzar no Plan Estratéxico...

A Xunta consulta o comercio de Valdeorras para avanzar no Plan Estratéxico do Sector

- Anuncio -
  • No marco do proceso participativo aberto para ter lista a estratexia a nivel galego a comezos de 2025, o director xeral de Comercio e Consumo reuniuse hoxe co presidente da asociación Centro Comercial Aberto O Barco
  • Gabriel Alén tamén visitou varios establecementos retallistas neste concello ourensán para coñecer as súas necesidades e impresións ao respecto do documento que se está a elaborar

A Xunta de Galicia segue avanzando con novos encontros no proceso participativo aberto para elaborar o Plan estratéxico do comercio e telo listo a comezos do próximo ano 2025. Así, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse hoxe co presidente da asociación Centro Comercial Aberto O Barco, Jacobo Arias, ademais de visitar varios establecementos no Barco de Valdeorras.  

Os comerciantes barquenses convertéronse así nos consultados no día de hoxe co gallo de seguir dando forma ao Plan estratéxico do sector, unha folla de ruta para a que é imprescindible -segundo o director xeral- ir da man de todos os implicados. O obxectivo é acadar unha planificación en materia de transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e tamén artesanal, que permita desenvolver un Mapa do Comercio de Galicia efectivo. Isto é, un espazo que contemplará a todo o sector comercial integrado dentro das asociacións, cun buscador por tipoloxía de establecemento, xeolocalización e información detallada para potenciais clientes.

Alén fixo alusión tamén ao Plan de remuda xeracional no comercio que se está a perfilar, con proxectos piloto nas cabeceiras de comarca que atendan ás necesidades de cada contorna e á análise de sincronización da oferta e da demanda. Un Plan de remuda especialmente necesario, puntualizou, en contornas da Galicia non urbana.

O director xeral de Comercio e Consumo engadiu que o Goberno galego seguirá apostando no novo documento pola revitalización dos mercados, prazas de abastos, recintos destinados a feiras e centros comerciais abertos, apostando por consolidar un sector que serve de vertebrador do territorio e xerador de riqueza e emprego.

Nesa liña, Gabriel Alén puxo en valor a campaña Máis Rebaixas que está a desenvolver o CCA O Barco estes días, con produtos á disposición da clientela tanto dentro como fóra dos establecementos comerciais.

Relacionadas

Luis Menor traslada á Asociación Centro Comercial Aberto O Barco o apoio da Deputación...

0
Os directivos do CCA O Barco deron a coñecer proxectos como a pasarela de moda que celebrarán proximamente e outras actividades de dinamización na...

Luis Menor destaca a xestión e o tratamento da auga da comarca de Valdeorras...

0
O presidente da Deputación de Ourense participou nunha visita ás instalacións da EDAR de A Rúa, onde se lidera o proxecto Ruagua para impulsar...

A Deputación ofrece 25 propostas culturais “diversas e de calidade” dentro da programación semestral...

0
O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, puxo en valor esta infraestrutura cultural como “vital para garantir o dereito de acceso á...

O presidente da Deputación reúnese coa alcaldesa de A Rúa para escoitar as demandas...

0
Luis Menor e María González Albert mantiveron un encontro de traballo na Casa Consistorial de A Rúa para repasar os proxectos de colaboración da...

Recepción no Pazo Provincial aos representantes da plataforma ProCAPD

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu esta tarde no Pazo Provincial a unha delegación da plataforma ProCAPD, dando así resposta á...

A Real Academia Galega presenta a ‘Guía de apelidos galegos’, unha ferramenta en liña...

0
· O buscador que incorpora a web da RAG rexistra máis de 6.000 apelidos que abranguen o 95 % da poboación galega · Proporciona de...

Publicacións Relacionadas