Home A Coruña O Concello e o Club Deportivo Narón 101 abrirán o vindeiro luns...

O Concello e o Club Deportivo Narón 101 abrirán o vindeiro luns o prazo de inscrición nas 21 Leguas Kids

- Anuncio -

No prazo dun mes celebrarase a proba deportiva de ultrafondo organizada polo Concello e o Club Deportivo Narón 101 que, nesta terceira edición, é xa todo un referente, reunindo a un preto de un milleiro de participantes de diferentes idades, estando actualmente inscritas case 900 persoas. A convocatoria terá un apartado específico para menores de entre 4 e 14 anos, que se poderán inscribir dende o vindeiro luns, día 2, ata o 15 de setembro, nas categorías establecidas.

          Os menores poderán participar nas carreiras que se desenvolverán no propio paseo de Xuvia ao longo da mañá do día 28. A modalidade de gatos diríxese a nenas e nenos de 4 a 7 anos, que percorrerán unha distancia de 100 metros, con saída ás 10:00 horas. A continuación, sobre as 10:20 horas, sairán os da categoría de linces, de 8 e 9 anos, para facer un percorrido de 500 metros e ás 10:45 será o turno dos tigres, nenas e nenos de 10 e 11 anos, que correrán por un tramo de 750 metros. Finalmente tamén se habilitou a categoría de leopardos, para menores de 12 a 14 anos e que ás 11:00 sairán para facer un percorrido de 1.250 metros.

          As inscricións de menores, nas que se ofertan un centenar de prazas,  poden realizarse a través da plataforma: https://eventos.emesports.es/inscripcion/21-leguas-kids-2024/.

          Dende a propia organización recordaron que ademais, de xeito excepcional, se abrirá un prazo extra para que se inscriban nas “21 Leguas. Os 101 quilómetros de Narón” os adultos que o desexen dende mañá xoves ata este domingo, día 1 de setembro. A tramitación das mesmas pode realizarse a través dos enlaces: https://21leguas.es/inscripciones/ e  https://eventos.emesports.es/inscripcion/21-leguas-24/.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas