Home A Coruña O Laboratorio Ecosocial do Barbanza recolle experiencias na Fusquenlla para poñer en...

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza recolle experiencias na Fusquenlla para poñer en marcha o seu propio centro de transformación agroalimentaria

- Anuncio -

Representantes do proxecto barbanzán visitaron este martes as instalacións de Moeche

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un proxecto que pretende impulsar unha transición cara á sostenibilidade ambiental e aumentar a resiliencia na xestión dos montes da comarca do Barbanza. Trátase dunha iniciativa na que están implicadas distintas entidades públicas e privadas que, ademais, conta con financiamento Next Generation canalizado a través da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición ecolóxica e o Reto Demográfico. O seu obxectivo é cambiar o paradigma da xestión forestal no Barbanza -unha zona arrasada ciclicamente polos incendios- apostando pola biodiversidade, a economía circular e a creación de emprego verde. Na procura desa transformación, o colectivo está coñecendo experiencias que poidan darlles ideas ou novos puntos de vista e, nese sentido, representantes do Laboratorio estiveron este martes na Fusquenlla para coñecer con máis detalle como está botando a andar o centro de transformación agroalimentaria e cales son os aspectos clave da súa xestión.

O Laboratorio intégrano a Fundación RIA (entidade coordinadora), a Plataforma pola Defensa do Monte, a Universidade de Santiago de Compostela (a través do CISPAC e os grupos de investigación Histagra e Uxafores), a Universidade Pablo de Olavide, o Concello de Rianxo e a Fundación Montescola.

A visita ao centro de apoio ao medio rural de Moeche responde ao interese deste colectivo -e nomeadamente o da Plataforma pola Defensa do Monte- en poñer en marcha un centro de transformación de materias primas na Comunidade de montes de Baroña, en Porto do Son.

De feito, a delegación do Laboratorio Ecosocial do Barbanza estivo encabezada por Ovidio Queiruga, presidente da comunidade de montes, e por Rafael Seco, presidente da plataforma, que foron recibidos pola alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy Maceiras, o edil de Desenvolvemento local de San Sadurniño, Manuel Varela Mecías, o ADL de San Sadurniño, Roberto Lindín Novo, e as deputadas provinciais Cristina García Rey e Rosa Ana García López.

Tamén participaron no encontro Miguel Teixido Sotelo, xerente do GDR Seitura 22, e Luisa Lista Ameneiro, responsable de Coordinación de Proxectos Técnicos no Servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica da Deputación da Coruña, onde se encadra a Rede Coworking á que pertence o centro de transformación situado no recinto feiral de Moeche.

No transcurso da súa visita ás instalacións da Fusquenlla, as persoas representantes do proxecto barbanzán puideron ver como se distribúen os espazos para as elaboracións de horta, froita e mel, así como o equipamento dispoñible neste momento, que se verá ampliado en breve cun investimento superior aos 165.000 euros cofinanciados cunha achega da Deputación da Coruña e con axudas europeas do Plan Leader canalizadas pola AGADER a través do GDR Seitura 22.

Ademais, desde o Laboratorio Ecosocial do Barbanza tamén se mostrou interese polo modelo de funcionamento autoxestionado que se tenta implantar na Fusquenlla e pola maneira en que os sete concellos promotores -Cedeira, Cerdido, Moeche, Narón, San Sadurniño, As Pontes e Valdoviño- están apostando decididamente pola reactivación do rural. Unha aposta que, gracias ao centro, lles ofrece ás pequenas explotacións da provincia un lugar perfectamente equipado e co seu propio rexistro sanitario para elaborar conservas, marmeladas, zumes e outros produtos transformados de alto valor engadido.

Relacionadas

Remata a campaña da praza de abastos da Pobra premiando a outros sete clientes...

0
A campaña comercial orientada ao mercado municipal baixo o lema Volta o Nadal, voltan as Caramiñas finaliza tralo sorteo do importe da cea de...

O Concello afronta os últimos trámites para o comezo da renovación dos Cantóns coa...

0
As obras, propostas para adxudicar a Abeconsa e Canarga, comezarán no primeiro trimestre de 2025 O Concello da Coruña avanza nos trámites previos ao inicio...

Xunta e Concello de Ribeira destacan a calidade dos produtos frescos de proximidade

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Franciso Suárez, a concelleira de Promoción...

O Concello adxudica os traballos de mellora do campo de fútbol municipal Víctor Fernández...

0
A actuación, que consistirá na renovación do céspede artificial e do peche perimetral, ten un orzamento de máis de 430.000 euros O Concello vén de...

Neda reforzará as partidas de emerxencia social e a axuda no fogar cos fondos...

0
O Concello de Neda destinará o POS+ Adicional 2025 a reforzar as partidas municipais destinadas a facer fronte tanto aos gastos de emerxencia social...

Albert Pla pecha este sábado a programación do Ciclo Principal de outono no Teatro...

0
Últimas entradas á venda de cara ao espectáculo do polifacético artista catalán, recoñecido polo seu traballo musical e as súas colaboracións con Robe Iniesta,...

Publicacións Relacionadas