Home A Coruña Seis mozas e mozos galegos representan a España no maior certame de...

Seis mozas e mozos galegos representan a España no maior certame de manexo de gando de Europa

- Anuncio -

Os seis mozos e mozas pertencen ao Club de Xóvenes Gandeiros.

Poden asistir a este certame grazas ao patrocinio de CLUN, a maior cooperativa leiteira de Galicia

Seis mozos e mozas galegos, todos eles, socios do Club Xóvenes Gandeiros e co patrocinio da cooperativa CLUN, representarán a España no maior concurso de manexo de Europa, o Young Breeders School (YBS) que terá lugar en Battic, Bélxica, do 28 de agosto ao 1 de setembro.

Un evento no que participarán ata 170 mozos e mozas gandeiros organizados en 29 equipos e en representación de 28 países, entre os que figura por primeira vez un equipo de Estados Unidos. O equipo español estará composto totalmente por gandeiras e gandeiros galegos pertencentes ao Club de Xóvenes Gandeiros. Catro destas gandeiras proceden de Lugo: María e Andrea, da Granxa Fontixón; Lorena, da SAT de Rey de Miñotelo; e Alba, da Gandeiría Quintian. Completan o equipo Simón, da Gandeiría Queiruguera (A Coruña) e Xabi, da Granxa Casa do Rei (Pontevedra).

O grupo comeza hoxe a súa participación na competición co obxectivo de converterse no mellor equipo da Young Breeders School. Durante os próximos cinco días deberán superar diferentes probas: dende preparar becerras, pelalas e domalas, ata crear un stand que represente a Galicia baixo a temática do Camiño de Santiago. Un posto que incluirá unha representación da catedral de Santiago de Compostela.

O patrocinio da cooperativa rural galega CLUN ao Club de Xóvenes Gandeiros, dentro da súa vocación polo apoio ao futuro da gandería, resultou fundamental para facilitar a participación deste equipo no concurso.

A cooperativa rural galega CLUN e o resto de socios do Club de Xóvenes Gandeiros deséxalles o mellor dos éxitos ao equipo galego nesta competición, para a que se estiveron preparando durante todo o verán. De feito, salientan que simplemente ter chegado a competir cos mellores gandeiros mozos do mundo xa é un logro enorme, independentemente do resultado final da competición.

CLUN, comprometida co futuro da gandería

Esta é só unha das varias das iniciativas coas que CLUN, a maior cooperativa leiteira de Galicia, colabora co obxectivo de fomentar o relevo xeracional e a creación de profesionais para as ganderías. Así, durante estes meses de xullo e agosto, CLUN patrocinou a cuarta e quinta edicións das Escolas de Iniciación de Futur@s Gandeir@s, organizada por FREFRIGA (Federación Frisona de Galicia) e o Club de Xóvenes Gandeiros. Unha iniciativa na que participaron 60 mozos e mozas gandeiros, de entre 8 e 25 anos de idade, que recibiron formación teórica e práctica para o coidado e manexo de animais. Unha experiencia formativa enriquecedora e ilusionante que contribúe ao fomento das vocacións gandeiras e ao desenvolvemento sostible do sector.

A maiores, CLUN tamén apoia outras actividades que favorecen o coñecemento e as vocacións gandeiras dos máis novos, como os Certames de Manexo e Preparadores de gando. Ademais, no eido máis profesional, CLUN impulsou a creación do primeiro ciclo superior de FP Dual público en “Gandería e Asistencia en Sanidade Animal” de Galicia, en colaboración co IES de Melide. Os alumnos deste ciclo puideron realizar as prácticas nas ganderías socias de CLUN.

Por outro lado, cabe mencionar o proxecto solidario “Hábitat rural”, desenvolto entre CLUN e Ecos do Sur, no que dez persoas migrantes seleccionadas por esta ONG participaron en formacións sobre muxido e fixeron prácticas en ganderías da cooperativa. Un programa que facilita a integración de persoas migrantes ao mesmo tempo que proporciona asistencia profesional para as ganderías galegas.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas