Home A Coruña A Xunta licita as obras para a humanización da travesía de Palmeira...

A Xunta licita as obras para a humanización da travesía de Palmeira de preto de 2,8 M€

- Anuncio -

A Xunta licita as obras para a humanización da travesía de Palmeira, no concello de  Ribeira, cun investimento de preto de 2,8 millóns de euros. 

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue,  xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, o  presidente da Fundación RIA, o arquitecto británico David Chipperfiel e o Tenente  Alcalde de Ribeira, Vicente Mariño informaron hoxe sobre esta actuación, cuxa  contratación recolle hoxe a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia. 

Tal e como subliñou María M. Martínez, trátase de transformar o treito urbano da  estrada autonómica AC-305 que discorre por Palmeira nunha rúa, “adaptándoo aos  diferentes contextos que atravesa, integrándoo e recuperando o seu carácter humano”. 

A conselleira lembrou que se trata do proxecto redactado a partir dunha proposta  deseñada polo fundación RIA, que despois o departamento que dirixe desenvolveu a  nivel construtivo, para adaptar o espazo público da estrada AC-305, que discorre polo  núcleo urbano de Palmeira, e que ten unha lonxitude de algo mais dun quilómetro. 

M. Martínez Allegue indicou que as empresas interesadas poden presentar as súas  ofertas ata o 24 de setembro. As obras contan cun prazo de execución de 15 meses. 

Precisou que o proxecto que se licita hoxe, e que se acometerá no treito da AC-305  situado entre os puntos quilométricos 35+400 e 36+500, contempla novas beirarrúas,  unha nova parada de autobús e nova iluminación. 

“Un espazo mais humano e mais seguro para os peóns” en concreto, segundo indicou a  conselleira, as actuacións proxectadas permitirán reducir a velocidade máxima  permitida a 30 km/h, para o que se colocarán sinais de límite de velocidade e reducirase  o ancho do carril.

David Chipperfiel apuntou como na intervención se priorizará a mobilidade peonil e se  reforzarán as conexións transversais. Tamén haberá un xardín con céspede e flores que  permitirá os percorridos transversais. 

Ademais, indicou, mellorarase a accesibilidade das vivendas lindeiras, na medida do  posible, con pasos e novas beirarrúas. 

Vicente Mariño aludiu á colaboración do equipo de Goberno nesta intervención e á incorporación de calquera mellora que redunde nunha mellor calidade de vida para  a veciñanza de Palmeira. E engadiu “dende o Concello estaremos pendentes ante  calquera suxestión dos veciños/as e se lle trasladaran á consellería”. 

Mariño puxo en valor a incorporación de zonas verdes neste proxecto; acción que se  botou de menos na anterior intervención no porto.

Relacionadas

Presentación dos cursos da aula CeMIT do primeiro trimestre do 2025

0
Hoxe presentouse a programación correspondente ao primeiro trimestre do 2025 da aula CeMIT de Ribeira da man do concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta...

Unha trintena de persoas participa no proceso selectivo para crear unha lista de emprego...

0
Un total de 34 persoas participan no proceso selectivo, convocado polo Concello de Neda, para crear unha lista de persoal aspirante a funcionario interino...

Críticas do Partido Popular de Arzúa á inacción do alcalde ante a baixada no...

0
• Arzúa perde novamente poboación, con 14 habitantes menos en 2024, 441 dende o anterior mandato de José Luis García. • O goberno tripartito dedicou...

O Concello comeza a restauración da porta principal do cemiterio de San Amaro

0
Os traballos realizaranse con métodos tradicionais de forxa e recuperando ao máximo os elementos orixinais O Concello comezou a restauración da porta principal que dá...

A Xunta felicita ao Instituto IES Plurilingüe Xosé Neiras Vilas de Oleiros por unha década...

0
— A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visita o centro, o único de Galicia que desenvolve este programa — Destaca os...

San Sadurniño adxudica en 85.789 euros as obras de ancheado e aglomerado da pista...

0
A estrada é o principal enlace da zona urbana co campo de fútbol e a piscina municipal O Concello de San Sadurniño asinou recentemente o...

Publicacións Relacionadas