HomeDeputaciónsDeputación OurenseLuis Menor inaugura Alimagro definindo a esta feira de Xinzo como “o...

Luis Menor inaugura Alimagro definindo a esta feira de Xinzo como “o mellor escaparate do sector agrícola en Galicia”

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial lembrou na súa intervención que “falar da Limia é falar de exemplo de desenvolvemento e produción do sector primario, en Ourense e no resto de Galicia” 

A Feira do Agro da Limia, que este ano alcanza a súa 5ª edición e que conta co patrocinio da Deputación a través do Inorde, desenvolverase ata o domingo en Xinzo, cun apartado especial para o sector da pataca e outro para maquinaria 

A Feira do Agro da Limia, Alimagro, alcanza este ano a súa 5ª edición converténdose, en palabras do presidente provincial, Luis Menor, “no mellor escaparate do sector agrícola en Galicia”.  

Na inauguración desta feira, que se desenvolverá en Xinzo ata o domingo 1 de setembro, Luis Menor lembrou que “falar da Limia é falar de exemplo de desenvolvemento e produción do sector primario, en Ourense e no resto de Galicia. É falar de emprego, de movemento económico e de oportunidades”.  

Ademáis de lembrar o total apoio da Deputación coas reivindicacións dos regantes, Menor recalcou reiterou o compromiso da institución provincial “para fortalecer o traballo de asesoramento e investigación que realiza o Centro Agrogandeiro do Inorde co traballo dos nosos técnicos e coas achegas e suxestións dos auténticos valedores do sector, que son os nosos agricultores”. 

Alimagro, que conta co patrocinio da Deputación a través do Inorde, desenvolverase ata o domingo en Xinzo, cun apartado especial para o sector da pataca (no pavillón de Deportes) e outro adicado á maquinaria no parque do Toural.

Publicacións Relacionadas