Free Porn
xbporn
Home A Coruña Detectado un novo episodio de contaminación microbiolóxica na auga de baño da...

Detectado un novo episodio de contaminación microbiolóxica na auga de baño da praia dos Areos

- Anuncio -

O Concello da Pobra do Caramiñal recomenda a veciñanza e visitantes absterse temporalmente do baño na praia dos Areos con motivo da detección dun novo episodio de contaminación microbiolóxica na auga. Cómpre indicar que isto é un aviso da situación no areal, pero non significa un peche do mesmo.

Efectuouse a toma de mostras na dita praia por parte da Consellería da Sanidade ao abeiro do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia 2021-2025. Consisten en probas rutineiras que se realizan entre os meses de maio e setembro para coñece-la evolución da calidade das augas para o obrigado cumprimento da normativa europea.

A comunicación dos resultados da analítica chegou á Administración local na mañá deste 30 de agosto, polo que se procedeu coa colocación de carteis informativos nas inmediacións dos Areos.

En vindeiras datas repetirase o exame para sabe-los datos que reflicte esta contraanálise.

De existir nova información, comunicaráselle á cidadanía.

Relacionadas

Nereida Canosa pon en valor os programas para maiores do Concello na apertura das...

0
A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación interveu na apertura deste encontro que reúne a persoas expertas de todo o país A concelleira de...

Conclúe a temporada do equipo de salvamento e socorrismo da praia de Caión tres...

0
O Concello inviste anualmente máis de 68.000 euros neste servizo para garantir a seguridade dos usuarios do areal. O equipo de salvamento, socorrismo, vixilancia e...

A mesa de coordinación institucional sobre violencia de xénero aborda propostas de mellora na...

0
O CIM de Carballo atende a 189 mulleres que sofren violencia de xénero A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade convocou unha xuntanza da...

Técnicos municipais de Santa Comba e A Bola interésanse no espazo colaborativo de Brión

0
Mañá terá lugar unha sesión de formación en cooperativas e o domingo a sexta edición da Feira Labrega Técnicos municipais de Santa Comba e A...

O Concello presenta o programa das escolas deportivas para este curso 2024/2025

0
• As inscricións poderán realizarse do 23 ao 30 de setembro, de 10:00 a 13:00 horas, no departamento de Deportes • As escolas deportivas inclúen...

A XXV edición da Carreira Popular de Santa Uxía honra a memoria de Miguel...

0
Hoxe tivo lugar a presentación dunha das carreiras populares con máis madeira da contorna e de Galicia; a “XXV edición da Carreira Popular Santa...

Publicacións Relacionadas