Home Xunta de Galicia A Policía Autonómica realizou máis de 8.600 inspeccións e tramitou 1.600 denuncias...

A Policía Autonómica realizou máis de 8.600 inspeccións e tramitou 1.600 denuncias relacionadas con delitos no medio rural o pasado ano

- Anuncio -
  • A meirande parte da actividade centrouse na prevención e investigación de incendios forestais, con 7.755 inspeccións e 1.497 denuncias
  • Ademais da loita contra o lume, a colaboración entre o corpo policial e a Consellería do Medio Rural abrangue actuacións relacionadas coa sanidade e benestar animal, a venda e uso de produtos fitosanitarios, a praga do nematodo e a gripe aviar, entre outras

A Policía Autonómica realizou máis de 8.600 inspeccións e tramitou máis de 1.600 denuncias no marco da súa colaboración coa Consellería do Medio Rural durante o pasado ano. Este labor conxunto abrangue prevención e investigación de incendios forestais, actuacións en materia de sanidade e benestar animal, inspección e control de establecementos expendedores de produtos fitosanitarios, e actividades relacionadas coa praga do nematodo do piñeiro e coa prevención da gripe aviar.

A meirande parte da actividade centrouse na loita contra os incendios forestais, con 7.755 inspeccións e 1.497 denuncias. Xa de lonxe, as inspeccións na área de sanidade e benestar animal realizadas en transportes, feiras e mercados ascenderon a 490, con 102 denuncias tramitadas. Estas actuacións teñen principalmente un carácter preventivo e informativo, ademais do de control e inspección, e inclúen apoios puntuais ao traballo dos servizos veterinarios oficiais.

A campaña de prevención da gripe aviar supuxo 200 inspeccións e 13 denuncias. Consiste na inspección dos currais de aves domésticas situados en diversos concellos nos que hai ríos, lagoas ou zonas húmidas susceptibles de ser visitados por aves migratorias. A través desta iniciativa tamén se informa ás persoas propietarias dos currais da obriga de inscribilos nos rexistros habilitados. Estas inspeccións realizáronse unicamente nas zonas declaradas como de especial risco desta enfermidade (zonas ZER).

Control sobre produtos fitosanitarios

En canto ao control sobre a venda e uso dos produtos fitosanitarios, imprescindibles para a produción agrícola, supervísase tanto a axeitada aplicación como o destino final dos envases baleiros que contivesen praguicidas. Neste marco de acción realizáronse 10 inspeccións e tramitáronse cinco denuncias.

Pola súa banda, o control da praga do nematodo do piñeiro sumou dúas inspeccións e ningunha denuncia. A actividade nesta materia concéntrase na zona fronteiriza con Portugal, coa inspección de transportes de madeira nos que a Policía Autonómica está a constatar nos últimos anos un maior cumprimento da normativa.

A maiores do labor realizado nestes ámbitos habituais de colaboración entre o corpo policial e a Consellería do Medio Rural, ao longo de 2023 fixéronse 182 inspeccións de control de uva, cunha denuncia, e 12 inspeccións de transportes de perecedoiros, con tres denuncias.

Relacionadas

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a...

0
Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a...

Medio Rural pon en valor a Central Agropecuaria de Galicia en Silleda como referente...

0
A conselleira María José Gómez asistiu á segunda poxa de gando celebrada no que vai de ano nesta Central e salientou que este é...

A Xunta convoca hoxe as probas de avaliación en competencias clave para acceder á...

0
A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, avaliará os coñecementos en matemáticas, lingua galega, lingua castelá e inglésEstá dirixida a persoas que...

A Xunta salienta que o Censo do patrimonio marítimo servirá de base para elaborar...

0
— Ángeles Vázquez indica que esta iniciativa, que é desenvolvida pola Universidade da Coruña con financiamento do Goberno galego, permitirá ofrecer datos clave para...

A Xunta designa o trbunal para as probas de aptitude profesional para exercer como...

0
o longo de 2025 haberá oito convocatorias en distintas categorías co obxectivo de  acadar os certificados profesionais para a condución de distintas categorías de...

Belén do Campo anima aos alumnos de Secundaria a participar no Concurso #PARQUEVIBRAS creando...

0
― A delegada destacou que esta nova iniciativa busca dar a coñecer entre a mocidade galega os seis parques naturais de Galicia para concienciar...

Publicacións Relacionadas