Home Pontevedra Mellora da mobilidade en Chapela coa renovación integral da Subida a Cidadelle

Mellora da mobilidade en Chapela coa renovación integral da Subida a Cidadelle

- Anuncio -
  • O Concello de Redondela rematou os traballos de renovación integral da estrada de Subida a Cidadelle, en Chapela, nunha superficie duns 4.000 metros cadrados. Renovouse todo o firme de asfaltado e instaláronse novas canalizacións para a rede de saneamento, pluviais e abastecemento de auga. Esta semana a compañía eléctrica retirará os postes do tendido que quedan na estrada.
  • A alcaldesa, Digna Rivas, amosouse moi satisfeita co resultado dos traballos “demandados pola veciñanza desde hai máis de 20 anos, e moi necesarios”. O proxecto para a reforma da segunda fase xa está redactado e as obras realizaranse ao longo deste mandato.

A reforma integral da estrada de Subida a Cidadelle xa é unha realidade. O Concello de Redondela rematou os traballos nesta vía de Chapela coa renovación dunha superficie duns 4.000 metros cadrados. Renovouse todo o firme de asfaltado e instaláronse novas canalizacións para a rede de saneamento, pluviais, e abastecemento de auga. Esta semana a compañía eléctrica retirará os postes do tendido que quedan na estrada.
A alcaldesa, Digna Rivas, visitou a estrada co concelleiro de Urbanismo, Antonio Cabaleiro, e amosouse “moi satisfeita co resultado dos traballos”. A rexedora afirma que con esta reforma “o goberno local cumpre coa cidadanía e dá reposta ás necesidades de mobilidade e seguridade dos residentes desta zona”. Rivas lembra que a mellora da Subida a Cidadelle “é unha demanda da veciñanza desde hai máis de 20 anos, e cando cheguei á Alcaldía non existía ningún proxecto actualizado para a renovación integral deste camiño”.
Os traballos consistiron na instaláronse novas canalizacións para a rede de saneamento, de pluviais e tamén de abastecemento de auga. Ata o de agora a zona non tiña separadas as augas pluviais e residuais, polo que nos días de choivas as augas pluviais saturaban a rede de saneamento e provocaban incidencias e desbordamentos. Coa nova canalización “vanse evitar estes problemas e que haxa desbordamentos en época de chuvias”. Tamén se renovou todo o firme de asfaltado que estaba moi deteriorado. A obra realizada contou cun orzamento de 355.465 euros, financiados con fondos do Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra.
A alcaldesa avanzou que “o proxecto para a segunda fase da Subida a Cidadelle xa está redactado para renovar un quilómetro máis de camiño, e as obras realizaranse ao longo deste mandato”. Rivas explicou que, como no caso da primeira fase “trátase de obras moi complexas polas características desta vía, que ten unha gran pendente” e desde o goberno local “seguimos traballando para mellorar as comunicacións en Chapela.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas