Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López confirma que a provincia de Pontevedra recibiu en xullo preto...

Luis López confirma que a provincia de Pontevedra recibiu en xullo preto do 40% dos visitantes que acudiron a Galicia

- Anuncio -

O presidente da Deputación afirma que, segundo o INE, a ocupación foi un 2,2% superior á de xullo do 2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, debullou en conferencia de prensa algúns dos datos pechados de turismo correspondentes ao mes de xullo. Trátase de información facilitada polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que reflicte que a provincia de Pontevedra recibiu en xullo deste ano preto do 40% dos visitantes que acudiron a Galicia. “Dito doutro xeito, dous de cada cinco visitantes que se achegaron á nosa comunidade viñeron a Pontevedra a vivir e gozar das experiencias 100% Rías Baixas”, remarcou Luis López.

O presidente provincial tamén detallou que o 74% dos turistas residían en España fronte ao 26% de estranxeiros que viñeron en xullo. Ademais subliñou que, segundo o INE, o mes de xullo tivo unha ocupación superior ao mesmo período do 2023, cun 2,2% de incremento. “Entendemos –remarcou Luis Lopez– que en agosto seguirase a mesma liña ou mesmo os resultados serán superiores, pero temos que esperar a finais de setembro para coñecer os datos definitivos que nos remite o INE”.

En canto a agosto, o presidente da Deputación adiantou a información recompilada polo servizo de Turismo Rías Baixas que recolle datos de visitantes ao Palacete e aos Castelos. No caso do Palacete das Mendoza foron 6.600 as persoas que se achegaron en agosto para solicitar información turística da provincia, o 83% residentes en España, principalmente de Madrid, Barcelona e Valencia, e o 17% estranxeiros, encabezando o ránking os franceses, seguidos dos portugueses e italianos. Pola súa banda visitaron os castelos de Soutomaior e Sobroso máis de 8.500 persoas (7.250 Soutomaior e 1.250 Sobroso) e percorreron algún dos Camiños de Santiago que atravesan a provincia 21.000 peregrinos, sendo o máis empregado o portugués (11.800), seguido do portugués pola costa (8.000), a vía da prata (860) e o camiño de inverno (300).

Relacionadas

Miguel Nuño Vázquez entrega ao concello de Bueu un novo tomo coa historia do...

0
O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu este mércores pola tarde un recibimento a Miguel Ángel Nuño Vázquez – Garza, no que...

Luisa Sánchez participa no acto de clausura dun proxecto de defensa persoal de Érguete-Integración

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, clausurou hoxe o Proxecto DANA, desenvolvido pola Fundación Érguete-Integración e subvencionado con máis de 4.300 €...

Un ‘Carnaval animal’ para desfrutar en familia en Tomiño

0
O auditorio de Goián volve acoller este domingo 10 teatro ás 17.30 hpara todos os públicos da man da compañía Luz, micro y punto....

300 alumnos e alumnas de Primaria asistiron hoxe á representación de “Wombo Combo”

0
A obra de Galeatro chegou ao Teatro Municipal dentro do programa +Escénicas da Deputación co colaboración do Concello de Tui Preto 300 alumnos e alumnas...

Lores: “O Campionato europeo de Ciclocross foi un éxito deportivo espectacular”

0
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores definiu esta mañá a celebración do Campionato de Europa de Ciclocross como "un éxito deportivo espectacular...

Ponteareas recibe o apoio da Dirección Xeral de Xuventude para o proxecto Ponte Interxeracional

0
• A Consellería de Cultura, lingua e Xuventude a través da Dirección Xeral de Xuventude vén de conceder 25.000€ • O Pontea Interxeracional recoñece a...

Publicacións Relacionadas