Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación anuncia que a caixa de correos virtual do Teatro Fraga...

A Deputación anuncia que a caixa de correos virtual do Teatro Fraga recibiu preto dun cento de propostas na súa primeira semana

- Anuncio -

A campaña “O mellor espazo busca o mellor contido” da Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia continuará en funcionamento ata finais de setembro

Ao enderezo propostas@teatrofraga.gal están a chegar suxestións de usos culturais, tanto de carácter transversal e xenérico como proxectos concretos

As ideas proveñen de entidades culturais e particulares, sobre todo do ámbito de Vigo, que tamén poñen en valor a recuperación deste espazo emblemático

A iniciativa completarase con xuntanzas con diferentes colectivos e representantes do tecido cultural

A caixa de correos virtual activada pola Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia para recoller propostas, ideas e suxestións que permitan enriquecer o plan de usos do Teatro Fraga de Vigo ten recibido xa un cento de propostas na súa primeira semana en funcionamento. Trátase dunha iniciativa que continuará ata finais de mes ao abeiro da campaña O mellor espazo busca o mellor contido.

O obxectivo desta proposta é incorporar as demandas da cidadanía e do amplo tecido cultural para construír con elas un espazo referente non só para a cidade, senón para Galicia e o norte de España. Deste xeito, tanto particulares como entidades culturais axudan a enriquecer o plan de usos deste emblemático edificio da cidade olívica a través da caixa de correos virtual propostas@teatrofraga.gal que entrou en funcionamento o pasado venres.

Desde a Deputación de Pontevedra valórase o éxito da iniciativa xa que, transcorrida unha semana da súa apertura, xa se recibiron preto dun cento de propostas con contidos que teñen tanto carácter transversal e xenérico, como achegas que debullan e presentan máis polo miúdo proxectos culturais. De igual xeito, cómpre salientar que neste envío de suxestións as entidades e persoas participantes poñen en valor que se vaia recuperar este espazo emblemático e icónico para a cidade. Precisamente, a maior parte de propostas de uso recibidas, ata o momento, proveñen da cidade e da área metropolitana.

Con esta campaña, a Deputación de Pontevedra e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude buscan escoitar a todos os vigueses e viguesas para levar a cabo unha reflexión colectiva sobre o futuro e as oportunidades que se abren coa reapertura deste recurso cultural de gran potencial, como son o fortalecemento da industria, o impulso á creación ou o pulo á oferta cultural.

Ademais da campaña O mellor espazo busca o mellor contido, este proceso de diálogo coa cidadanía inclúe a celebración de diversas xuntanzas presenciais con colectivos e representantes do sector cultural e a veciñanza nas que recoller as súas demandas e debater as propostas achegadas a través do enderezo electrónico.

Compromiso da Deputación de Pontevedra con Vigo
O antigo Teatro Cine Fraga foi ideado hai máis de 80 anos por encargo de Isaac Fraga Penedo, un dos exhibidores cinematográficos máis importantes de Galicia naquela época. O proxecto conta con máis de 7.000 metros cadrados, nos que se prevé aproveitar ao máximo as instalacións xa levantadas para levar a cabo unha variada programación que incluirá eventos e espectáculos que esixen unhas dimensións como as que ofrece o inmoble, proxectos baseados na exhibición, a creación e a participación ou a instalación de propostas culturais e creativas de relevancia.

A recuperación do Teatro Fraga é un exemplo máis do compromiso do Goberno da Deputación de Pontevedra coa cidade de Vigo, onde está a investir outros 26 millóns de euros en actuacións como a grada de gol de Balaídos e diferentes actuacións e proxectos na cidade.

Relacionadas

Luis Menor presenta en Celanova a primeira audioguía dixital multimedia da provincia que une...

0
O presidente provincial recalcou o carácter innovador desta iniciativa da Deputación, e visitou tamén en compañía do alcalde, Antonio Puga, e membros da Corporación...

As novas tecnoloxías e o ocio electrónico serán protagonistas no medio centenar de actividades...

0
• Competicións, obradoiros, conferencias, xogos ou zonas con simuladores e videoconsolas conformarán algunhas das propostas desta 24ª edición da party • Esta cita terá lugar...

O Ribeiro marida os seus viños coa arte e coa música nunha nova edición...

0
O Consello Regulador do Ribeiro, en colaboración coa Deputación a través do Centro Cultural Marcos Valcárcel, promove un ano máis un proxecto de maridaxe...

Galicia Suroeste dá un novo paso cara á transparencia e a sostibilidade

0
O grupo de desenvolvemento rural aprobou na súa asemblea xeral a Declaración Institucional en materia antifraude como parte das súas accións como xestor do...

A Deputación de Pontevedra dedica aos olímpicos e paralímpicos da provincia a Gala do...

0
A gala , que a institución provincial está a organizar na cidade da oliveira, centrarase nun recoñecemento aos participantes nos Xogos de París, cunha...

Preto de 2.000 atletas lánzanse á pista no Rosal no Cros Escolar en horario...

0
Organizada por Agrudebam en colaboración co Concello e co CPI Manuel Suárez Marquier dentro do programa Xogade, a actividade conta coa participación de alumnado...

Publicacións Relacionadas