Home Vigo Mos Mos recibe novo material para eliminar niños de Velutina valorado en preto...

Mos recibe novo material para eliminar niños de Velutina valorado en preto de 6.000 euros

- Anuncio -
  • Inclúe unha escopeta específica para a súa erradicación, insecticidas e EPIs para os operarios que asumen esta tarefa
  • A aportación foille realizada ao Concello pola Consellería do Medio Rural en opoio á campaña municipal ‘STOP Velutinas’

O Concello de Mos vén de recibir unha serie de material para a loita contra a Vespa Velutina por parte do Servizo Municipal de Emerxencias que lle foi remitida pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

O devandito material, cun orzamento total de 5.879,62 euros, inclúe traxes buzo de protección para os operarios de Emerxencias, unha escopeta marcadora para erradicación de vespas velutinas con todos os accesorios e complementos necesarios, unha pértiga extensible e termos para as balas, e os pertinentes aerosoles e insecticidas concentrados. Coa nova arma, Mos suma dúas destas escopetas destinadas específicamente á erradicación da Vespa Velutina.

O novo material foi recepcionado pola concelleira de Medio Ambiente, Laura Méndez, xunto co edil de Emerxencias mosense, Leo Costas.

Estas novas dotacións son froito da colaboración autonómica e empegaranse no marco da campaña medioambiental mosense ‘STOP Velutinas’. Trátase dunha campaña municipal de loita contra esta especie invasora que xa repartiu este ano preto de 400 trampas entre apicultores e colaboradores mosenses.

Ademais das 400 trampas repartidas o pasado febreiro, agora distribuiranse tamén sprays para desactivar os niños, que se atopan na época da súa maior actividade. Estes sprays atópanse incluídos entre o lote de material remitido por Medio Rural e que vén de ser recepcionado no Concello de Mos.

En canto ás trampas, coas repartidas nas dúas campañas previas, Mos suma xa as 1.200 trampas instaladas por todo o termo municipal, 120 en cada unha das 10 parroquias.

Esta trátase dunha campaña anual de prevención contra a Velutina que desde fai anos vénse desenvolvendo por parte da administración local mosense. A idea é ir ano tras ano sumando trampas para facer unha rede e ser máis efectivos no trampeo das raíñas.

Por outra banda o verán é a época de eliminar niños de velutina, e así o fan desde o Servizo Municipal de Emerxencias de Mos, que tamén conta coa colaboración e axuda nesta tarefa dos apicultores mosenses. Neste labor é fundamental o material que vén de recibir o Concello de Mos: a arma de precisión (segunda coa que se conta por parte da administración local mosense), as balas instecticidas para disparar coa mesma, e os equipos de protección para os operarios que realizan estes traballos.

A campaña de loita contra esta especie invasora, repítese cada ano. Os edís de Medio Ambiente, Laura Méndez, e Emerxencias, Leo Costas, declaraban que “na prevención está a clave da loita contra as velutinas” e destacaron para rematar que “desde o Concello de Mos implicámonos fortemente na prevención e eliminación da Vespa Velutina, coñecedores da importancia que teñen campañas deste tipo e da preocupación que esta especie invasora xera non só entre o colectivo dos apicultores, senón entre a veciñanza en xeral”.

Relacionadas

Miguel Nuño Vázquez entrega ao concello de Bueu un novo tomo coa historia do...

0
O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu este mércores pola tarde un recibimento a Miguel Ángel Nuño Vázquez – Garza, no que...

Luisa Sánchez participa no acto de clausura dun proxecto de defensa persoal de Érguete-Integración

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, clausurou hoxe o Proxecto DANA, desenvolvido pola Fundación Érguete-Integración e subvencionado con máis de 4.300 €...

Un ‘Carnaval animal’ para desfrutar en familia en Tomiño

0
O auditorio de Goián volve acoller este domingo 10 teatro ás 17.30 hpara todos os públicos da man da compañía Luz, micro y punto....

300 alumnos e alumnas de Primaria asistiron hoxe á representación de “Wombo Combo”

0
A obra de Galeatro chegou ao Teatro Municipal dentro do programa +Escénicas da Deputación co colaboración do Concello de Tui Preto 300 alumnos e alumnas...

Lores: “O Campionato europeo de Ciclocross foi un éxito deportivo espectacular”

0
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores definiu esta mañá a celebración do Campionato de Europa de Ciclocross como "un éxito deportivo espectacular...

Ponteareas recibe o apoio da Dirección Xeral de Xuventude para o proxecto Ponte Interxeracional

0
• A Consellería de Cultura, lingua e Xuventude a través da Dirección Xeral de Xuventude vén de conceder 25.000€ • O Pontea Interxeracional recoñece a...

Publicacións Relacionadas