Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación inicia a próxima semana máis de 20 novos obradoiros do...

A Deputación inicia a próxima semana máis de 20 novos obradoiros do programa Provincia activa para impulsar o envellecemento activo

- Anuncio -

Preto de 400 veciños de 15 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, competencias dixitais, ioga ou ximnasia de mantemento

A Deputación de Pontevedra continúa desenvolvendo os obradoiros de Provincia activa, un programa co que a institución provincial impulsa o envellecemento activo das persoas maiores da provincia, fomentando a súa participación para crear espazos de encontro e intercambio de experiencias. Só a próxima semana, entre os días 2 e 7 de setembro, comezarán 20 novos obradoiros que mobilizarán arredor de 400 veciños de 15 concellos da provincia.

Os primeiros obradoiros da semana comezarán o luns 2 de setembro, con 23 persoas da Asociación de Familias e Mulleres Rurais de Deza (Lalín) nun curso de ioga e outras 15 persoas da Asociación de Amas de Casa Muíños do Vento (Catoira) nun de ximnasio de mantemento. O martes 3 de setembro comezarán outros dous obradoiros: musicoterapia para 22 persoas da Asociación de Veciños da Parroquia de Bora (Pontevedra) e ximnasio de mantemento para 16 usuarios da Confraría de San Martiño do Grove.

O mércores 4 de setembro mobilizaranse outros 3 colectivos a través do programa Provincia activa. 15 persoas da Asociación de Xubilados e Pensionistas do Grove comezarán un obradoiro de memoria, 19 da Asociación Cultural Son de Xeve (Pontevedra) un de pandeireta e canto popular e 12 persoas da Asociación Érguete na Guarda un de habilidades dixitais para uso cotián. O xoves 5 darán inicio un total de catro obradoiros, entre eles dous de ximnasia de mantemento para 17 persoas do Centro Social Cultural e Deportivo As Pedriñas (Mos) e para 25 usuarios da Asociación de Maiores de Ponteareas. Ademais, 25 persoas da Asociación de Veciños de San Xurxo (Salceda de Caselas) aprenderán bailes de salón e 18 persoas da Asociación Veciñal Doutor Fleming (Vigo) descubrirán a terapia emocional.

O venres 6 de setembro comezarán 8 obradoiros. Aprenderán pandeireta e canto popular 19 persoas da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns (Tui), 15 da Asociación Sociocultural e Deportiva de Veciños e Amigos de Santiago de Caroi (Cerdedo-Cotobade) e outras 15 da Asociación de Veciños Monte da Mina de Castrelos (Vigo). Ademais, 22 persoas da Asociación de Veciños da Praza da Miñoca (Vigo) comezarán un obradoiro sobre restauración de mobles e tapicería, 25 da Asociación Cultural de Persoas Maiores do Rosal un de bailes de salón, 21 persoas da Asociación Cultural e Deportiva de Cidadelle (Redondela) un sobre risoterapia, 18 mulleres da Asociación de Mulleres de Troáns (Cuntis) un de ioga, e, finalmente, 15 da Asociación Cultural de Santo Estevo (Ponteareas) unha acción sobre musicoterapia.

A última acción do programa Provincia activa da semana comezará o sábado 7 de setembro, cun obradoiro centrado na musicoterapia no que participarán 15 usuarios da Fundación Residencia Divina Pastora de Vilagarcía de Arousa.

En total, a Deputación ofertou neste 2024 catorce obradoiros no catálogo de Provincia Activa, divididos en seis bloques temáticos: Benestar natural (Plantas medicinais), Saúde en movemento (Pilates, ioga e ximnasia de mantemento para persoas maiores), Emociónate (Conservando a memoria, Musicoterapia, Risoterapia e Terapia emocional: Positividade e canalización das emocións), Outra vida (Teatro e Restauración de mobles e tapicería), Con ritmo! (Bailes de salón e Pandeireta e canto popular) e Redeir@s (Habilidades dixitais para uso cotián e Informática. Nivel Avanzado). Provincia Activa conta este ano cun orzamento de 146.000 euros e están a participar nos obradoiros entidades de 42 concellos da provincia.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas