Home Xunta de Galicia Xosé Merelles loa o papel do Fesival Trece Roeis, que dinamiza a...

Xosé Merelles loa o papel do Fesival Trece Roeis, que dinamiza a oferta turística da Ribeira Sacra

- Anuncio -

O director de Turismo de Galicia visitou os espazos onde se desenvolve a cita que alcanza este ano a súa quinta edición co apoio da Xunta de Galicia

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitou esta tarde os espazos onde se está desenvolver este venres e sábado o Festival Trece Roeis, unha cita que congrega en Pantón (Lugo) a miles de persoas ao redor dun cartel de bandas e intérpretes como Soziedad Alkoholika, Fillas de Cassandra, Arrhythmia, Ana Tijoux, Green Valley, Sara Socas, entre outros. Trátase dunha das iniciativas que este verán conta co apoio de Turismo de Galicia na súa aposta por diversificar a oferta e dinamizar o rural a través da actividade turística.

Durante o percorrido, Xosé Merelles puxo en valor o papel do festival como dinamizador da oferta turística da Ribeira Sacra e puido constatar como este tipo de eventos son un polo de atracción para turistas e visitantes que acoden a vilas do rural co gallo do festival pero que logo aproveitan para coñecer a contorna e gozar da oferta da súa oferta paisaxística, patrimonial, cultural e gastronómica. Ao mesmo tempo, convértense un revulsivo importante para a economía local. Así o confirman os datos de participación de anteriores edicións con 7.000 persoas asistentes o ano pasado.

O Festival Trece Roeis concentra o seu principal atractivo na variada oferta musical e de calidade do seu programa pero compleméntaa con outras accións como catas de viño e degustacións gastronómicas, espectáculos de maxia, teatro para público infantil e presentacións literarias, entre outras.

Así, este venres a proposta musical chega da man de Sara Socas, Soziedad Alkoholika, Fillas de Cassandra, Arrhuthmia, Rebeliom do Inframundo e Tiam GZ. Mañá sábado, será a quenda de Exeria, Ana Tijoux, Green Valley e Los de Marras.

Relacionadas

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a...

0
Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a...

Medio Rural pon en valor a Central Agropecuaria de Galicia en Silleda como referente...

0
A conselleira María José Gómez asistiu á segunda poxa de gando celebrada no que vai de ano nesta Central e salientou que este é...

A Xunta convoca hoxe as probas de avaliación en competencias clave para acceder á...

0
A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, avaliará os coñecementos en matemáticas, lingua galega, lingua castelá e inglésEstá dirixida a persoas que...

A Xunta salienta que o Censo do patrimonio marítimo servirá de base para elaborar...

0
— Ángeles Vázquez indica que esta iniciativa, que é desenvolvida pola Universidade da Coruña con financiamento do Goberno galego, permitirá ofrecer datos clave para...

A Xunta designa o trbunal para as probas de aptitude profesional para exercer como...

0
o longo de 2025 haberá oito convocatorias en distintas categorías co obxectivo de  acadar os certificados profesionais para a condución de distintas categorías de...

Belén do Campo anima aos alumnos de Secundaria a participar no Concurso #PARQUEVIBRAS creando...

0
― A delegada destacou que esta nova iniciativa busca dar a coñecer entre a mocidade galega os seis parques naturais de Galicia para concienciar...

Publicacións Relacionadas