Home Pontevedra Baixo Miño O Rosal impulsa o benestar das mulleres coidadoras coa segunda edición de...

O Rosal impulsa o benestar das mulleres coidadoras coa segunda edición de Cultivando Coidados

- Anuncio -

Trátase dun proxecto que busca ofrecer un espazo para traballar o autocoidado persoal, fomentando a cooperación e fortalecendo as redes de apoio

O Concello do Rosal continúa co seu compromiso co benestar das persoas coidadoras, recoñecendo o seu labor esencial, coa posta en marcha da segunda edición de Cultivando Coidados, un proxecto que ten como obxectivo principal mellorar a calidade de vida das mulleres maiores de 55 anos.

Nunha sociedade onde o coidado de maiores e doentes segue a recaer maioritariamente nas mulleres, este programa ofrece un espazo no que traballar o autocoidado persoal, fomentando a cooperación e tecendo redes de apoio entre todas as participantes.

“Este proxecto nace do compromiso de apoiar a quen coida e ofrecer ás mulleres coidadoras a oportunidade de centrarse no seu propio coidado, algo que adoita pasar a un segundo plano no seu día a día. Con Cultivando Coidados buscamos non só recoñecer o seu labor, senón tamén brindarlles recursos para afrontar os desafíos emocionais e físicos que enfrontan a diario”, salientou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

A iniciativa vai destinada a mulleres adultas do Rosal, dando prioridade ás persoas máis veteranas e ás que teñan a cargo unha ou varias persoas con recoñecemento de dependencia. Este taller contará cun total de 14 sesións que se levarán a cabo todos os martes de 16.30 a 18.30 horas no Mercado de San Miguel dende o 10 de setembro ata o 10 de decembro. As persoas interesadas poderán solicitar máis información ou inscribirse ata o 9 de setembro chamando ao 986 62 50 00 ext. 5.

Cultivando Coidados conta entre os seus obxectivos principais introducir conceptos sobre estereotipos e prexuízos de xénero, promover a reflexión sobre o significado do coidado, incentivar o autocoñecemento e a posta en valor das mulleres coidadoras, propiciar a interiorización e o uso de límites saudables e compartir prácticas de bo trato cunha mesma e coa contorna.

Como sinala a concelleira de Igualdade, Beatriz Rodríguez, “enfrontarse ao reto de coidar a persoas dependentes pode ser unha carga pesada, especialmente para aquelas mulleres que levan anos asumindo esta responsabilidade. Con Cultivando Coidados queremos romper o illamento que moitas delas experimentan e promover unha cultura de autocoidado e apoio mutuo. Este proxecto é un paso esencial para garantir que as coidadoras se sintan valoradas e acompañadas no seu camiño”.

Relacionadas

Miguel Nuño Vázquez entrega ao concello de Bueu un novo tomo coa historia do...

0
O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu este mércores pola tarde un recibimento a Miguel Ángel Nuño Vázquez – Garza, no que...

Luisa Sánchez participa no acto de clausura dun proxecto de defensa persoal de Érguete-Integración

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, clausurou hoxe o Proxecto DANA, desenvolvido pola Fundación Érguete-Integración e subvencionado con máis de 4.300 €...

Un ‘Carnaval animal’ para desfrutar en familia en Tomiño

0
O auditorio de Goián volve acoller este domingo 10 teatro ás 17.30 hpara todos os públicos da man da compañía Luz, micro y punto....

300 alumnos e alumnas de Primaria asistiron hoxe á representación de “Wombo Combo”

0
A obra de Galeatro chegou ao Teatro Municipal dentro do programa +Escénicas da Deputación co colaboración do Concello de Tui Preto 300 alumnos e alumnas...

Lores: “O Campionato europeo de Ciclocross foi un éxito deportivo espectacular”

0
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores definiu esta mañá a celebración do Campionato de Europa de Ciclocross como "un éxito deportivo espectacular...

Ponteareas recibe o apoio da Dirección Xeral de Xuventude para o proxecto Ponte Interxeracional

0
• A Consellería de Cultura, lingua e Xuventude a través da Dirección Xeral de Xuventude vén de conceder 25.000€ • O Pontea Interxeracional recoñece a...

Publicacións Relacionadas