Home Pontevedra O Condado Os Campamentos de conciliación do concello de Ponteareas ofertaron 360 servizos

Os Campamentos de conciliación do concello de Ponteareas ofertaron 360 servizos

- Anuncio -

• No auditorio municipal celebraron a festa de fin de verán cun espectáculo de maxia


• A alcaldesa e o concelleiro de Ensino entregáronlle camisetas e gorras de Ponteareas

A concellería de Ensino do Concello de Ponteareas celebrou a festa de fin verán dos campamentos de conciliación do Concello de Ponteareas, Tea Urbano e Rural Tea.

A alcaldesa, Nava Castro, e o concelleiro de Ensino, Ricardo González, entregaron aos nenos e nenas camisetas e gorras de Ponteareas xusto antes de comezar a diversión co espectáculo “Maxia tola e lectora” de Leo Leíño.

Entre os dous campamentos o Concello ofertou 360 servizos organizados para dar apoio ás familias e ofertar un tempo de verán de calidade. Repartidos en quendas quincenais dende o 1 de xullo ao 30 de agosto as familias atoparon un servizo no que as súas fillas e fillos aprenderon xogando, coñeceron a contorna e se achegaron ao patrimonio cultural e histórico acompañados das súas monitoras e monitores.

Para evitar desprazamentos, facilitar a conciliación e ofertar servizos no rural, as parroquias de Bugarín, Prado, Angoares e Guláns acolleron nos seus centros culturais os campamentos nos que as cativas e cativos tamén puideron relacionarse coas veciñas e veciños e realizar xuntos excursións.

Os campamentos de conciliación do Concello de Ponteareas son un dos recursos do que dispoñen as familias xunto ás aulas matinais e tardías que oferta o Concello para a tempada escolar.

Relacionadas

Miguel Nuño Vázquez entrega ao concello de Bueu un novo tomo coa historia do...

0
O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu este mércores pola tarde un recibimento a Miguel Ángel Nuño Vázquez – Garza, no que...

Luisa Sánchez participa no acto de clausura dun proxecto de defensa persoal de Érguete-Integración

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, clausurou hoxe o Proxecto DANA, desenvolvido pola Fundación Érguete-Integración e subvencionado con máis de 4.300 €...

Un ‘Carnaval animal’ para desfrutar en familia en Tomiño

0
O auditorio de Goián volve acoller este domingo 10 teatro ás 17.30 hpara todos os públicos da man da compañía Luz, micro y punto....

300 alumnos e alumnas de Primaria asistiron hoxe á representación de “Wombo Combo”

0
A obra de Galeatro chegou ao Teatro Municipal dentro do programa +Escénicas da Deputación co colaboración do Concello de Tui Preto 300 alumnos e alumnas...

Lores: “O Campionato europeo de Ciclocross foi un éxito deportivo espectacular”

0
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores definiu esta mañá a celebración do Campionato de Europa de Ciclocross como "un éxito deportivo espectacular...

Ponteareas recibe o apoio da Dirección Xeral de Xuventude para o proxecto Ponte Interxeracional

0
• A Consellería de Cultura, lingua e Xuventude a través da Dirección Xeral de Xuventude vén de conceder 25.000€ • O Pontea Interxeracional recoñece a...

Publicacións Relacionadas