Free Porn
xbporn
Home O Condado As Neves O Goberno Municipal de As Neves traballa en solucións reais para o...

O Goberno Municipal de As Neves traballa en solucións reais para o SAF

- Anuncio -

O actual goberno municipal de As Neves, liderado polo alcalde Jose Manuel Alfonso, lamenta profundamente a campaña de desinformación que intenta promover o BNG respecto da situación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) no noso concello. Esta situación é o resultado dun contrato licitado durante o mandato do anterior goberno do BNG, un contrato claramente desaxustado e precario que deixou ás traballadoras do SAF nunha posición vulnerable durante os últimos anos.

Dito contrato, asinado polo BNG, non contemplaba as subas necesarias do IPC nin a revisión anual dos salarios, o que provocou que as traballadoras foran  perdendo  poder  adquisitivo  ano  tras  ano.  Agora,  o BNG  pretende posicionarse como o salvador dunha situación que eles mesmos xeraron, cando son plenamente conscientes de que a raíz do problema é a mala xestión do seu propio goberno.

O actual equipo do PP, comprometido coa mellora das condicións laborais das traballadoras do SAF, xa enviou as bases para que se licite un novo contrato con prezos axustados á realidade e con revisións anuais de incrementos salariais e fiscais. O obxectivo do novo contrato é garantir que esta situación non se repita, asegurando unhas condicións laborais dignas e sostibles para as traballadoras que prestan un servizo tan esencial á nosa comunidade.

É sorprendente que o BNG agora trate de impugnar este novo contrato, unha acción que parece ter como única finalidade xerar malestar entre o persoal do SAF e atrasar aínda máis o proceso de licitación. O alcalde Jose Manuel Alfonso pregúntase se esta é unha estratexia do BNG para prolongar a precariedade laboral que eles mesmos causaron, utilizando ás traballadoras do SAF para os seus propios fins políticos.

Dende o goberno municipal seguimos traballando con profesionais para asegurar que o novo contrato se axuste á normativa vixente e mellore as condicións laborais das traballadoras. Pedimos á oposición que adopte unha actitude construtiva e deixe de poñer atrancos que só prexudican ás traballadoras e aos usuarios do servizo.

O alcalde Jose Manuel Alfonso fai un chamado á responsabilidade política e solicita ao BNG que explique claramente ás traballadoras do SAF quen é o verdadeiro responsable da precariedade laboral que estiveron sufrindo.

Relacionadas

O vicepresidente da Deputación asiste ao acto de presentación do equipo de 1ª División...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe ao acto de presentación do equipo de 1ª División Nacional Masculina da SD Teucro,...

O pleno da corporación municipal do concello de Campo Lameiro garda un minuto de...

0
Aprobaron unha axuda de natalidade e os festivos locais que quedan fixados para o 13 de xuño, San Antón, e 29 de setembro, San...

O BNG traslada problemas ocasionados polas obras do saneamento no Lameira

0
Dende o BNG de Marín denúnciase a falta de accións ante os vertedoiros e a precariedade na execución das obras, que afectan á veciñanza...

Luis López sinala que o aumento do 40 % nas axudas a cooperativas agrícolas...

0
O presidente provincial percorreu os viñedos e a bodega de Paco & Lola en Meaño con motivo de inicio da campaña da vendima, onde...

Este venres o historiador Bieito Alonso presenta en Tui o seu último libro

0
Trátase de “Inimigos ás portas: Frank López e o anarquismo global”. Será ás 20 h na Sala Municipal Este venres, 20 de setembro, ás 20...

Arte urbana en Tomiño da man do artista internacional Marion Ve

0
O muralista colombiano está a crear na Avenida de República Arxentina unha obra inspirada nos cores tomiñeses coa que transmitir enerxía positiva Concello e Migrarte...

Publicacións Relacionadas